Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Infraestruturas >> Presentación
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Infraestruturas

A Consellería do Medio Rural busca a reorganización das estruturas agrarias para lograr explotacións viables, desenvolver o potencial das áreas rurais e dinamizar o ámbito rural dende unha perspectiva que incorpore os aspectos sociais e económico-produtivos. Incentívase a mobilidade de terras coa reforma e ordenación das estruturas agrarias, de xeito que a superficie útil abandonada sirva para aumentar a base produtiva.

Os procesos de concentración parcelaria xa en marcha estanse adaptando ao novo marco legal coa introdución dos plans de aproveitamento de cultivos e a adopción de medidas de protección do medio ambiente. Inclúen tamén medidas para evitar o abandono das terras.

As obras proxectadas desenvólvense con criterios de dinamización da base produtiva, co obxectivo de mellorar a calidade de vida da poboación.

Os principais esforzos van dirixidos á creación e mellora da rede viaria, dos servizos básicos (abastecementos de auga, saneamentos e alumeados, entre outros) e á creación, mellora, consolidación e modernización dos regadíos.

Publicacións e Normativa Normativa Publicacións
 
 
Neste momento non existe información nesta área
 
 
 
 
Neste momento non existe información nesta área
Concentracións parcelarias
Sistema de ordenación da superficie agraria que permite un uso adaptado ás necesidades agrícolas e forestais de cada zona.
Avaliación de Impacto Ambiental
Ferramenta para a preservación dos recursos naturais e a defensa do medio ambiente ante actuacións públicas e privadas que se desenvolvan no territorio.
Farland
Programa europeo destinado a fomentar o intercambio de experiencias e instrumentos na xestión da terra.
F:ACTS!
É un proxecto de colaboración europeo enfocado a incrementar a resistencia das áreas propensas aos riscos, á hora de responder a condicións climáticas extremas debidas ao cambio climático.

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS