Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Agricultura >> Cooperativismo >> AGACA
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Pola súa influencia positiva na modernización e adaptación do sector agrario galego a un mercado cada vez máis esixente, a Consellería do Medio Rural apoia a creación e o desenvolvemento das cooperativas agrícolas. A Unión de Cooperativas Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA) é a organización máis representativa do cooperativismo agrario galego. Exerce a súa actividade a nivel autonómico, estatal e internacional en todos os foros nos que se dirimen os intereses do cooperativismo.

As cooperativas socias de AGACA abranguen os sectores principais da agricultura e gandaría galegas: vacún de leite e carne, porcino, vitivinícola, caprino, ou horta e flor, entre outros.

AGACA ten por obxectivo a prestación de servizos de formación, información e asesoramento ao cooperativismo agrario de Galicia a través da súa estrutura organizativa.

Funcións:

  1. Representar e defender todas as cooperativas socias diante dos organismos competentes.
  2. Promoción e fomento do cooperativismo agrario en Galicia.
  3. Fomentar a constitución de novas cooperativas.
  4. Formar e capacitar todos os elementos humanos que interveñen no cooperativismo agrario galego.
  5. Divulgar e facer publicidade do cooperativismo agrario.
  6. Informar ás cooperativas de todo o que lles poida afectar ou beneficiar.
  7. Coordinar as cooperativas agrarias potenciando a intercooperación entre elas ao tempo que se media e arbitra nos posibles conflictos.
  8. Organizar e xestionar servizos para as cooperativas acordados pola Asemblea Xeral para as cooperativas.
  9. Participar nas institucións e organismos de administración e sectoriais que teñan relación co cooperativismo agrario e rural.
  10. Calquera outra actividade e servizo de natureza análoga.
  11. Prestación de servizos técnicos de asesoría especializada en cooperativismo:
    • Asesoría contable, laboral e fiscal.
    • Asesoría xurídica.
    • Asesoría económica, de proxectos de viabilidade, etc.
    • Tramitación e xestión de axudas públicas ás cooperativas.
    • Estudos de enxeñaría para a realización de proxectos.
    • Asesoramento á dirección e xestión xeral das cooperativas.

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS