Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Agricultura >> Horta >> Boas prácticas
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Boas prácticas agrarias

O Código galego de boas prácticas agrarias recolle aqueles aspectos específicos das principais liñas de produción agrícola e gandeira que poderían dar orixe á contaminación por nitróxeno e propón unha serie de medidas e prácticas tendentes a reducilo ao mínimo. O cumprimento das medidas recollidas neste código ten o carácter de voluntario, pero dada a posíbel incidencia na normativa recollida na Lei de augas (Lei 29/85, do 2 de agosto) e no Regulamento do dominio público hidráulico (Real decreto 844/96, do 11 de abril de 1986) recoméndase a súa posta en práctica.

A preocupación sobre o tema, e fundamentalmente sobre a contaminación por nitróxeno, levaron á CEE a publicar o Código de boas prácticas agrarias recollido na Directiva do Consello 91/676/CEE e transmitirlles a súa inquietude aos estados membros, que no caso de España se traduciu no Real decreto 261/96, do 16 de febreiro, sobre protección das augas contra a contaminación producida polos nitratos procedentes de fontes agrarias.

Código galego de boas prácticas agrarias (564 Kb)

Boas prácticas

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS