Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Agricultura >> Horta >> Mapa de cultivos
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Mapa de cultivos

O directorio de hortofloricultura  de Galicia  abrangue as explotacións dedicadas á produción de horta e flor cortada baixo cuberta cunha superficie mínima de 500 m2. e atende a información relacionada co número de explotacións, a súa superficie media, nivel de asociacionismo, man de obra, comercialización e producións mais salientábeis.

O estudo realiza tamén unha análise comparativa das características das comarcas cunha presenza significativa de explotacións e préstalle especial atención ás altas e ceses na actividade produtiva segundo a súa tipoloxía. Contén fotografías aéreas do emprazamento das explotacións a partir da información fornecida polo SIXPAC.

Inclúe un total de 1.103 explotacións, das que 721 son hortícolas, 244 se dedican á flor cortada, 72 son  mixtas e 37 de plantas ornamentais. Cómpre salientar que o 53% das explotacións de horta e o 21% das de flor cortada declaran  ter superficies de cultivo ao ar libre.
 
A asociación de produtores é a  canle de comercialización máis utilizada e atinxe ao  23%. Séguenlle en importancia as cadeas de distribución  (18%) e a venda directa (17%).

As producións hortícolas que ocupan máis superficie son  a leituga  (35%), o pemento (26%) e o tomate (21%). En canto á flor cortada baixo cuberta, as producións máis importantes  son o caravel (30%) e o Lilium (18%), seguidas a certa distancia polo minicaravel, rosa, crisantemo e outros. Así, este directorio inclúe tamén, por primeira vez, explotacións e viveiros dedicados á  planta ornamental.

Esta publicación, que subministra numerosos mapas, complétase cun estudo comarcal das zonas con maior peso nestas orientacións produtivas: Bergantiños, Betanzos, A Coruña, Ferrol, Sar, Baixo Miño e O Salnés.

Mapa de cultivos

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS