Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Agricultura >> Horta >> Produción integrada
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Produción integrada

A produción integrada defínese como un sistema de produción agraria, que utiliza ao máximo os recursos e os mecanismos de produción naturais mediante a introdución de tecnoloxías respectuosas co medio, asegurando unha produción de alta calidade e salubridade contrastada, a rendibilidade da explotación e a eliminación ou redución de insumos exteriores e de fontes contaminantes.

A administración galega regulou no seu ámbito a produción Integrada, co fin de facilitar aos agricultores un sistema de produción que integre as boas prácticas agrarias e garanta os requisitos actuais que afectan á seguridade alimentaria e ao coidado medioambiental.

O proxecto de partida está deseñado cun marco normativo que abrangue non só os produtos vexetais en fresco, senón tamén os produtos gandeiros e os transformados. A norma de referencia a nivel estatal é o Real Decreto 1201/2002 do 20 de novembro (BOE 287 30/11/02, pdf 82 Kb).

En Galicia, a Produción Integrada está regulada polo Decreto 68/2004 do 11 de marzo (DOG 64 01/04/04, pdf 55 Kb) sobre a Produción Integrada e a súa indicación nos produtos agrarios. Posteriormente as directrices alí establecidas desenvolvéronse na Orde do 30 de maio (DOG 117 20/06/05, pdf 734 Kb) e nos Regulamentos Técnicos específicos dos diferentes cultivos.

Basicamente a Produción Integrada está regulada por disposicións que afectan os seguintes apartados:

  • Obrigas que deben cumprir os operadores, xa sexan produtores, manipuladores, transformadores ou comercializadores.
  • As normas que deberá cumprir o sistema produtivo.
  • Os sistemas de control que se esixen.
  • A diferenciación deste sistema no mercado.
Produción integrada

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS