Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Agricultura >> Rede de avisos >> Avisos fitosanitarios
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Avisos fitosanitarios

Os avisos fitosanitarios da Consellería de Medio Rural son unha boa ferramenta para a adaptación á nova lexislación sobre o emprego sostible dos produtos fitosanitarios e a aplicación dunha estratexia de xestión integrada de pragas nas que o emprego dos fitosanitarios debe facerse só cando sexa necesario e non existan outros medios alternativos de loita e cando as pragas superen uns determinados limiares de intervención.

Para poder acceder aos avisos actuais debe premer na ligazón seguinte:

Boletín fitosanitario de avisos e Información

Recoméndase á subscrición por correo electrónico ao servizo de avisos fitosanitarios o que lle permitirá recibir semanalmente os avisos das pragas dos cultivos do seu interese, así como os datos agrometeorolóxicos da estación máis cercana a súa explotación e a previsión meteorolóxica para a vindeira semana do seu concello.

Subscrición para a recepción electrónica de avisos fitosanitarios

Se desexa consultar todos os avisos publicados, pode facelo na seguinte ligazón:

Ver avisos antigos (ano 2011 e anteriores)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS