Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Agricultura >> Sanidade vexetal >> Fitosanitarios >> Rexistro de medios de defensa fitosanitaria
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Rexistro de medios de defensa fitosanitaria

Produtos Fitosanitarios:

Segundo o artigo 2 da Lei 43/2002, do 20 de novembro, de Sanidade Vexetal, defínense Produtos Fitosanitarios como as sustancias activas e os preparados que conteñan unha ou máis sustancias activas presentados na forma en que se ofrecen para a súa distribución aos usuarios, destinados a:

  • Protexer os vexetais ou produtos vexetais contra as pragas e enfermidades (fitosanitarios preventivos)
  • Evitar a acción das pragas e enfermidades (fitosanitarios curativos)
  • Destruír os vexetais indesexables (herbicidas)
  • Influír no proceso vital dos mesmos de forma distinta a como actúan os nutrientes (fitorreguladores)
  • Mellorar a conservación dos produtos vexetais

Os produtos fitosanitarios que se empreguen no territorio nacional, só poderán fabricarse e/ou comercializarse se están inscritos no Rexistro Oficial de Produtos Fitosanitarios da Dirección Xeral de Sanidade da Produción Agraria do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (MAGRAMA).Para coñecer os produtos autorizados en España pódese consultar a seguinte aplicación informática 

 

Outros Medios de Defensa Fitosanitaria:

Están regulados polos artigos 44 e 45 da Lei 43/2002 e polo Real Decreto 951/2014 e inclúen:

  • Os organismos de control biolóxico (OCB).
  • As trampas e outros medios ou dispositivos de monitoreo que non estean directamente vinculados co control de pragas
  • Outros medios ou dispositivos para o control de pragas e os produtos non fitosanitarios que poidan favorecer que os cultivos desenvolvan vigor ou resistencia fronte a patógenos, ou a condicións ambientais adversas, ou permitan mitigar doutra forma os estragos que poidan causar.

Exclúense do ámbito desta definición, segundo aplicación do  novo Real Decreto 951/2014, os produtos formulados a base de sustancias activas aprobadas conforme ao Regulamento (CE) nº 1107/2009 ás que se recoñeceron propiedades fitosanitarias, biocidas, fertilizantes e os equipos de aplicación de produtos fitosanitarios, regulados polo Real Decreto 1702/2011.

Para a súa comercialización só é necesario a súa comunicación á Dirección Xeral de Sanidade da Produción Agraria.

Os establecementos que vendan estes produtos deberán esta inscritos no ROPO na sección de subministrador.
Para coñecer os produtos autorizados en España pódese consultar a seguinte aplicación

 

Rexistros fitosanitarios

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS