Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Agricultura >> Sanidade vexetal >> Fitosanitarios >> Rexistro Oficial de Produtores e Operadores (ROPO)
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Rexistro Oficial de Produtores e Operadores de medios de defensa fitosanitarios (ROPO)

O Real Decreto 1311/2012, do 14 de setembro, polo que se establece o marco de actuación para conseguir un uso sustentable dos produtos fitosanitarios, regula no seu artigo 42 o funcionamento e a estrutura do Rexistro Oficial de Produtores e Operadores de Medios de Defensa Fitosanitarios (ROPO).

No Decreto 46/2017, do 20 de abril, polo que se regula a inscrición e o funcionamento do Rexistro Oficial de Produtores e Operadores de medios de defensa fitosanitaria, atópanse os modelos de solicitude, a documentación a presentar eo resto da información sobre os procedementos de incrición, renovación, modificación e cancelación da inscrición no ROPO

O ROPO substitúe ao Rexistro Oficial de Establecementos e Servizos Praguicidas (ROESP), en vigor ata a publicación do citado Real Decreto.

 

O ROPO consta de 4 seccións:

Procedemento de inscrición no ROPO nas seccións de subministración, tratamentos e asesoramento

  • Presentación de solicitude e declaración responsable ante a delegación territorial da Consellería do Medio Rural  onde radiquen as súas instalacións ou actividade un mes antes de inicio de actividade.
  • Comprobación do cumprimento dos requisitos por parte da delegacion territorial  habilitándose un prazo de susbsanación de defectos, no seu caso.
  • Inscrición, asignándolle un número de rexistro ao solicitante e emitindo un certificado de inscrición.
  • No caso de subministradores e empresas de tratamento:
    • Inspección in situ de comprobación da declaración responsable presentada. Na devandita inspección realizarase un control documental e un control das condicións das instalacións, no seu caso. No caso de que na inspección detéctese que o observado in situ non coincide co declarado na solicitude, darase de baixa do rexistro ao solicitante.
    • Comunicación ao concello onde se sitúe a actividade

 

Prazo de validez da inscrición, renovación e baixa

A inscrición no ROPO ten unha validez de 10 anos, autorizando a mesma para o exercicio das actividades inscritas en todo o territorio nacional.

No caso de que, durante o período de validez da inscrición prodúzase calquera modificación significativa respecto dos datos declarados na Solicitude e Declaración responsable, o solicitante deberá comunicalo ante a Delegación Territorial que corresponda, para que o informe de como proceder.

A renovación da inscrición solicitarase polo menos cun mes de antelación á súa caducidade, para o que se deberá presentar unha solicitude e declaración responsable nos mesmos termos que a solicitude inicial.  As solicitudes de renovación da inscrición no ROPO deben dirixirse ao órgano competente en cuxo ámbito territorial estea situado o domicilio legal do solicitante. 

As taxas que se deben pagar por cada un dos procedementos mencionados:

31.04.06Rexistro oficial de establecementos e servizos de produtos fitosanitarios
Inscrición no rexistro60,60
Modificación da inscrición30,30
Renovación da inscrición60,60
Inscrición de asesores fitosanitarios no ROPO30,30

Baixa

cesamento da actividade no sector de tratamentos produtos de medios de defensa fitosanitaria, da/as persoa/s titular/es da inscrición deberá/n comunicalo mediante escrito dirixido á dirección xeral competente en materia de sanidade vexetal, dentro do mes seguinte ao cesamento, para os efectos da cancelación da súa inscrición no Rexistro, xunto cos xustificantes da retirada de existencias de produtos fitosanitarios polos condutos regulamentados, ou ben declaración responsable nesto senso cando se trate dun cese de actividade por peche e non  no caso dun cambio de titularidade

 

a)Sector de subministración de medios de defensa fitosanitaria
Este sector desagrégase en:

  • Fabricación ou produción material
  • Comercialización por parte do titular da autorización do produto
  • Distribución, venda ao usuario
  • Loxística, incluíndo o transporte e almacenamento

Para exercer calquera destas actividades é requisito imprescindible estar inscrito no ROPO na sección de subministración. Non fai falla estar incrito no ROPO quen comercialice exclusivamente produtos fitosanitarios autorizados para uso non profesional.

So se venderán productos fitosanitarios de uso profesional a personas provistas de carné ou ben que estean incritas no ROPO. No momento da venda proporcionarase ós usuarios información sobre:

  • O uso dos produtos fitosanitarios que adquire
  • Os riscos dos produtos fitosanitarios para a saúde e o medio ambiente, e en particular sobre os perigos, exposición, almacenamento adecuado, manipulación, aplicación e eliminación en condicións de seguridade
  • As instrucións de seguridade  para xestionar tales riscos
  • As alternativas de baixo risco
  • Os puntos de recollida  de envases.

Para os fitosanitarios de uso non profesional, tamén é obrigado facilitar información xeral.

A continuación achéganse a solicitude de inscrición e uns documentos explicativos dos requisitos a cumprir.

Solicitude de incrición

2.3. Requisitos de formación do persoal e rexistro de transaccións (20 Kb)

2.4. Modelo de rexistro de transaccións (23 Kb)

 

b) Sector de tratamentos fitosanitarios.
Apartado que inclúe a persoas físicas ou xurídicas que realizan tratamentos fitosanitarios por medios terrestres, aéreos, ou en almacéns ou outros locais. O sector de tratamentos fitosanitarios desagrégase en:

  • Prestación de servizos, tanto por empresas como por cooperativas ou outras entidades, co seu propio personal.
  • Desinfección de simientos e tratamentos poscolleita con carácter industrial ou corporativo, mediante instalacións ou equipos fixos.

Para exercer calquera destas actividades é requisito imprescindible estar inscrito no ROPO.

Tratamentos Aéreos con Drones

Os tratamentos fitosanitarios realizados con drons están considerados, para todos os efectos, como tratamentos aéreos, tal e como se define na Directiva 2009/128/CE, pola que se establece o marco de actuación para conseguir un uso sustentable dos produtos fitosanitarios.

O obxecto da presente nota informativa é clarificar os requisitos que deben cumprir estes tratamentos.

NOTA INFORMATIVA TRATAMIENTOS AEREOS CON DRONES-AESA

A continuación achéganse a solicitude de incrición e uns documentos explicativos dos requisitos a cumplir.

Solicitude de incrición

2.7. Requisitos de formación do persoal e rexistro de transaccións (18 Kb)

2.8. Modelo de rexistro de operacións (adquisición e aplicación) (23 Kb)

 

c) Sector de Asesoramento  fitosanitario.

Deberán contar cun asesor:

  • Os establecementos  de subministración de produtos fitosanitarios.
  • As empresas de tratamentos  cando realicen aplicacións nos ámbitos non agrarios regulados no capítulo XI del RD 1311/2012, como: parques, campos de deporte, xardíns, zonas industriais, zonas de servicio de infraestructuras (autovías, estradas, líneas eléctricas, ferrocarril…), salvo que o contratante do servicio conte coa figura de asesor.
  • As  explotacións agrarias salvo as que polas súas características sexan de baixa utilización de produtos fitosanitarios. Neste caso o asesoramento será voluntario aínda que si será obrigado a aplicación das técnicas de xestión integrada de pragas. O MAGRAMA publicou as producións e tipos de explotacións consideradas de baixa utilización de produtos fitosanitarias e por tanto exentas de asesoramento. Listaxe de producións e tipos de explotacións exentos de asesoramento


O asesor incribirase  na comunidade autónoma onde radique o seu enderezo poidento exercer a súa actividade en todo o territorio nacional.
A continuación acheganse a solicitude de incrición e uns documentos explicativos dos requisitos a cumplir.

Solicitude de incrición

2.11. Requisito da Titulación habilitante (18 Kb)

Segundo o artigo 11.2 do RD 1311/2012, o asesoramento  deberá quedar reflexado documentalmente. Segundo o MAGRAMA o asesoramento en materia de Xestión Integrada de Plagas (XIP) quedará xustificado seguindo as seguintes instruccións.

Documentación de asesoramento para a xestión integrada de plagas

Na web do MAGRAMA podemos consultar as guías de xestión integrada de pragas (XIP): http://www.magrama.gob.es/es/agricultura/temas/sanidad-vexetal/produtos-fitosanitarios/guias-gestion-pragas/default.aspx

d) Sector de uso profesional.

Os produtos fitosanitarios se clasifican como de uso profesional e de uso non profesional.

Para a utilización de produtos de uso non profesional (uso doméstico) non é preciso ningún tipo de carné. Existen actualmente rexistrados no mercado máis de 170 produtos de uso non profesional para os que non é necesario dispoñer de carné na súa aplicación.

Un usuario profesional é aquela persoa que posúe un carné oficial de manipulador/aplicador de produtos fitosanitarios, situación que o acredita para poder aplicar produtos fitosanitarios de uso profesional. A incripción no ROPO no sector usuario farase de oficio unha vez realizado o correspondente curso de formación ou a súa convalidación no caso de que teña a titulación habilitante.

Para a distribución, venda, compra, manipulación e aplicación de fitosanitarios de uso profesional deberá contarse con carné de usuario profesional dos seguintes tipos segundo sexa o caso:

Carné Básico:

  • Agricultores que realizan eles mesmos os tratamentos fitosanitarios na súa explotación independentemente do tamaño da mesma e de quen sexa a propiedade.
  • Persoal auxiliar das explotacións agrarias que levan a cabo tratamentos fitosanitarios.
  • Persoal auxiliar das empresas de servizos de tratamentos fitosanitarios.
  • Persoal auxiliar do sector da distribución e venda de produtos fitosanitarios que manipule este tipo de produtos.

Carné Cualificado:

  • Agricultores que contan con persoal auxiliar para levar a cabo os tratamentos fitosanitarios.
  • Responsables dos tratamentos nas empresas de servizos de tratamentos fitosanitarios.
  • Vendedores da distribución e venda de produtos fitosanitarios.


2.12. Formación e cursos para a adquisición da condición de usuario profesional (19 Kb)


Rexistros fitosanitarios

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS