Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Agricultura >> Sanidade vexetal >> Fitosanitarios >> Usos agrarios
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Usos agrarios

Xestión Integrada de Pragas

Estratexia de control que consiste basicamente na aplicación racional dunha combinación de medidas biolóxicas, biotecnológicas, químicas, culturais ou de mellora vexetal, de modo que a utilización de productos fitosanitarios limítese ao mínimo necesario. Estas medidas de control débense combinar de forma intelixente co fin de manter os niveis de praga  por debaixo dos seus limiares económicos de danos.

Todas as explotacións agrícolas deberán aplicar os principios xerais da Xestión Integrada de Pragas (XIP) a partir do 1 de xaneiro de 2014. Considérase que xa cumplen este requisito as explotacións adheridas a sistemas de:

  • Agricultura ecolóxica
  • Producción integrada
  • Sistemas de producción certificada
  • ATRIAs

As explotacións que non estean integradas en sistemas ou agrupacións de produtores, deberán contar cun asesor incrito no ROPO na sección de asesoremento. As explotacións con "baixo risco" pola aplicación de fitosanitarios, o asesoramento profesional será voluntario, aínda que se deberán acollerse ás medidas de XIP.


Listaxe de producións e tipos de explotacións exentos de asesoramento

Na web do MAGRAMA podemos consultar as guías de xestión integrada de pragas (XIP): http://www.magrama.gob.es/es/agricultura/temas/sanidad-vexetal/produtos-fitosanitarios/guias-gestion-pragas/default.aspx

Rexistro de tratamentos


O Real Decreto 1311/2012 establece que os agricultores deben dispoñer de un Rexistro dos tratamentos fitosanitarios incluído no caderno de explotación, no que se anotarán todos os tratamentos realizados con produtos fitosanitarios e que se debe manter actualizado.

3.1. Modelo de Caderno de Explotación (400 Kb)

Obrigas dos agricultores en relación á manipulación e almacenamento de productos fitosanitarios, envases e restos.

3.2. Manipulación e almacenamento dos produtos fitosanitarios, envases e restos (21 Kb)

Rexistros fitosanitarios

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS