Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Agricultura >> Sanidade vexetal >> Organismo nocivos de cuarentena >> Bursaphelenchus xylophilus
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Bursaphelenchus xylophilus

Introdución

Bursaphelenchus xylophilus, o nematodo da madeira do piñeiro (NMP), é un organismo nocivo de corentena que provoca graves danos nas especies do xénero Pinus sp. e outras coníferas. O seu ataque causa o decaemento súbito das árbores afectadas, producindo unha sintomatoloxía coñecida como “seca ou marchitamento dos piñeiros”. Provoca danos económicos e ecolóxicos derivados da morte do arborado, e importantes restricións ao comercio de madeira e material de embalaxe naqueles países onde o NMP está presente, o que implica un aumento dos custos de comercialización destes produtos.

O seu vector, o coleóptero cerambícido Monochamus spp., é o principal responsable da dispersión natural do nematodo, facilitando ademais a súa supervivencia debido á estreita asociación do ciclo biolóxico de ambos.

Normativa

  • Decisión 2012/535 da comisión do 26 de setembro de 2012 relativa ás medidas de emerxencia para evitar a propagación na Unión de Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer) Nickle et al. (o nematodo da madeira do piñeiro)

  • Decreto 10/2011, do 28 de xaneiro polo que se declara de utilidade pública a erradicación do organismo de corentena do nematodo do piñeiro Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer) Nickle et al., e se ordenan as medidas para evitar a súa propagación.
  • ORDE do 22 de marzo de 2012 pola que se establecen medidas sobre a sanidade vexetal nunha área demarcada polo organismo de corentena Bursaphelenchus xylophilus.
  • Decisión 2015/226, da Comisión, do 11 de febreiro de 2015 que modifica a Decisión 2012/535/UE no que se refire á definición de madeira sensible e ás medidas que deben tomarse nas zonas demarcadas
  • RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2016 da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se declara no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia a presenza dun novo brote do organismo de corentena Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer) Nickle et al. (nematodo do piñeiro) e se ordena comezar as medidas para a súa erradicación
  • RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se dá publicidade ao inicio da execución de medidas fitosanitarias para a erradicación do organismo de corentena Bursaphelenchus xylophilus (Stenier et Buher) Nickle et al. (nematodo da madeira do piñeiro) na zona demarcada das Neves e na franxa tampón de 20 quilómetros coa fronteira con Portugal

Outra información


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS