Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Epitrix spp

Introdución

As pulguiñas do xénero Epitrix representan unha ameaza para a produción de pataca, xa que reducen considerablemente o valor comercial dos tubérculos. Os adultos aliméntanse das follas, provocando múltiples e diminutos orificios, mentres que as larvas aliméntanse do sistema radicular e causan danos nos tubérculos, producindo galerías superficiais sinuosas que se traducen nun dano estético, e que favorecen a entrada doutros patóxenos.

Os adultos aliméntanse das follas, nas que se observan diminutos buracos circulares, de 1 a 1.5 mm de diámetro. No bordo destes orificios pódense presentar pequenas clorosis, o que non adoita ter repercusión importante no rendemento do cultivo.

As larvas aliméntanse debaixo da epidermis do tubérculo e provocan longas galerías sinuosas de aspecto encortizado e pequenas verrugas superficiais. As galerías son superficiais e non afectan á carne do tubérculo, eliminándose facilmente co pelado. O dano é principalmente estético reducindo o valor comercial da pataca. Ademais, as feridas provocadas polas larvas poden ser vía de entrada para outros patóxenos.

Normativa

Outra información


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS