Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Agricultura >> Sanidade vexetal >> Organismo nocivos de cuarentena >> Pseudomonas syringae pv. actinidae
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Pseudomonas syringae pv. actinidae

Introdución

O chancro bacteriano do kiwi causado por Pseudomonas syringae pv. actinidae foi descrito por primeira vez en Xapón en 1980 causando danos en hortos do xénero Actinidia. A enfermidade detectouse entón en Corea onde causou tamén perdas económicas. Na rexión EPPO, a enfermidade detéctase por primeira vez en Italia en 1992 de forma esporádica, xa que ten unha baixa incidencia durante os seguintes 15 anos. Pero en 2007/2008 comeza a causar perdas económicas importantes, particularmente na rexión de Lazio.

No ano 2010 detectouse a súa presenza en Galicia e dende entón, en base ás inspeccións realizadas anualmente establecéronse como zonas demarcadas por esta praga os seguintes concellos: Oia, Tomiño, Tui, Salceda de Caselas, Ponteareas, Pontevedra, Ribadumia, Porriño, A Estrada, Barro y Crecente na provincia de Pontevedra e Boiro, Rianxo, Outes, Noia, Lousame, Cerceda e Moeche na provincia de A Coruña.

Ataca principalmente ás seguintes especies do xénero Actinidia: A. deliciosa, A. chinensis, A. arguta e A. kolomikta. Non existen datos da susceptibilidade doutras especies de Actinidia. As observacións realizadas en Italia suxiren que o dano é máis severo nas variedades amarelas (A. chinensis) que nas variedades verdes (A. deliciosa).

Causa unhas descoloracións marróns nos brotes, manchas marrón escuro rodeadas por un halo amarelo nas follas, chancros con exsudados avermellados en ramas e madeiros, murchamento e finalmente mortalidade da planta.

O síntoma máis visible é unha exudación vermello oxidado que cobre os tecidos da codia sobre madeiros e podallas.

A extracción da codia polo xeral revela unha descoloración marrón dos tecidos externos vasculares e o arrubiamento dos tecidos baixo as lenticelas.

Normativa

Outra información


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS