Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Agricultura >> Sanidade vexetal >> Organismo nocivos de cuarentena >> Rhynchophorus ferrugineus
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Rhynchophorus ferrugineus

Introdución

O picudo vermello, Rhynchophorus ferrugineus, é actualmente un dos insectos máis daniños para as palmeiras no mundo, provocando polo xeral, a morte da palmeira.

Os danos orixinados por este insecto son os producidos polas larvas ao alimentarse no interior. Algúns dos síntomas poden observarse nas follas novas centrais pouco desenvolvidas, con parte dos foliolos comidos e aspecto decaído. As follas afectadas amarillean, marchítanse e desprendense con facilidade. Mesmo pode observarse na base das follas galerías realizadas polas larvas ou presenza de pupas, individuos adultos e restos de fibra apelmazados.

Cando os danos afectan á xema apical da palmeira, único punto de crecemento da mesma, dá lugar á morte do exemplar. En infeccións avanzadas, prodúcese un desprendemento completo do penacho da palmeira.

Normativa


Outra información


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS