Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Tecia solanivora

Introdución

Tecia solanivora pode atacar ás patacas tanto no campo como en almacén. Os adultos son nocturnos e voan distancias curtas. No campo, poñen os seus ovos no chan ou nos tubérculos ao descuberto. As larvas emerxentes entran en tubérculos e aliméntanse deles construíndo galerías que poden destruír completamente o tubérculo. En almacén poñen os ovos nos tubérculos podendo chegar a provocar danos moi importantes. A fase de pupa pode ter lugar no chan, nas paredes dos almacéns, nos sacos almacenados, etc.

Desenvólvese exclusivamente sobre tubérculos de pataca. A detección e identificación de síntomas de dano é similar á doutras polillas da pataca. As larvas forman galerías que conteñen residuos de comida e excrementos. O orificio de entrada pode permanecer oculto pero os buracos de saída circulares son visibles cando as larvas abandonan os tubérculos. Pódese producir descomposición secundaria debido ao ataque doutros organismos.

Normativa

  • Real Decreto 197/2017, de 3 de marzo polo que se establece o programa nacional de control e erradicación de Tecia solanivora (Povolny)
  • RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se declara a presenza da praga de corentena denominada Tecia solanivora Povolny ou couza guatemalteca da pataca, se establecen as zonas demarcadas para esta praga e se adoptan medidas urxentes para a súa erradicación e control na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se amplían as zonas demarcadas pola presenza da praga de corentena denominada Tecia solanivora Povolny ou couza guatemalteca da pataca.
  • RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se amplían as zonas demarcadas pola presenza da praga de corentena denominada Tecia solanivora Povolny ou couza guatemalteca da pataca
  • RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se amplían as medidas urxentes para a erradicación e control da praga Tecia solanivora Povolny ou couza guatemalteca da pataca na Comunidade Autónoma de Galicia
  • RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se establecen as zonas infestadas e as zonas tampón e se implementan as medidas para a erradicación e control con respecto ao organismo de corentena Tecia solanivora Povolny ou couza guatemalteca da pataca na Comunidade Autónoma de Galicia, establecidas no Real decreto 197/2017 polo que se establece o Programa nacional de control e erradicación de Tecia (Scrobipalpopsis) solanivora Povolny

Outra información


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS