Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Trioza erytreae

Introdución

O Psílido Africana dos Cítricos, Trioza erytreae, é unha praga regulada na Unión Europea (UE) pola Directiva 2000/29 e vector da bacteria que causa o Huanglongbing (HLB) ou enverdecemento (“Greening”) dos cítricos. O HLB, á súa vez organismo regulado na UE, deteriora a calidade e sabor do froito podendo en poucos anos matar a árbore afectada. Por iso é de vital importancia impedir a aparición do insecto vector, e no caso de que apareza, determinar a súa distribución, actuar con rapidez e eficacia, e combatelo co fin de evitar a súa propagación e erradicalo.

O principal impacto é que este insecto é vector da forma africana da enfermidade denominada Huanglongbing, greening ou dragón amarelo dos cítricos, causada pola bacteria Candidatus Liberibacter africanus. Ata o momento, ningunha das árbores nos que se detectou o sílido estaba afectado por esta enfermidade.

Adicionalmente, Trioza erytreae provoca unha grave distorsión das follas, provoca atrofia e bugallas que aparecen espolvoreadas con bólas fecais. As follas novas xeralmente presentan clorosis amarela.

Normativa

  • Real Decreto 23/2016, do 22 de xaneiro, polo que se establece o programa nacional de control e erradicación de Trioza erytreae, e o programa nacional de prevención de Diaphorina citri e Candidatus Liberibacter spp.
  • RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2015, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, pola que se declara a presenza da praga de corentena denominada Trioza erytreae Del Guercio ou psílido africano dos cítricos e se adoptan medidas urxentes para a súa erradicación e control na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, pola que se establecen as zonas demarcadas por presenza da praga de corentena denominada Trioza erytreae Del Guercio ou psílido africano dos cítricos e se adoptan medidas urxentes para a súa erradicación e control na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se amplían as zonas demarcadas por presenza da praga de corentena denominada Trioza erytreae Del Guercio ou psílido africano dos cítricos na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se amplían as zonas demarcadas por presenza da praga de corentena denominada Trioza erytreae Del Guercio ou psílido africano dos cítricos na Comunidade Autónoma de Galicia

Outra información


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS