Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Varios

Normativa

Tratamentos aéreos de produtos fitosanitario

Os tratamentos aéreos de produtos fitosanitarios regulase a través do Real Decreto 1311/2012, do 14 de setembro, polo que se establece o marco de actuación para acadar un uso sustentable dos produtos fitosanitarios (BOE 223 do 15 de setembro), considerandos como tratamentos aéreos.

Dentro desta normativa,  as condicións que especificamente abordan este tipo de tratamentos son:

  • Capítulo VI (artigos 27, 28 e 29).
  • Anexo VI: Condicións xerais para a realización das aplicacións aéreas.
  • Anexo VII: Contido dos plans de aplicacións aéreas.

O Real Decreto sobre o uso sustentable de produtos fitosanitarios prohibe as aplicacións aéreas de produtos fitosanitarios salvo que sexan expresamente autorizadas pola Comunidade Autónoma e sempre que non exista unha alternativa técnica e económica, se realicen con produtos aprobados especificamente para a aplicación aérea polo Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente e achegue un plan de aplicación elaborado por un técnico competente.

Para este tipo de aplicacións o procedemento esixe que a titulación do persoal que o aplique sexa de piloto  aplicador, cuxa formación regula o Anexo IV.

Na seguinte ligazón se pode consultar onde se imparte esta formación:

http://www.mapama.gob.es/es/agricultura/temas/sanidad-vegetal/productos-fitosanitarios/uso-sostenible-de-productos-fitosanitarios/

o seguinte enlace se pode consultar a nota interpretativa  do Ministerio de Agricultura (MAPAMA) e AESA relativa ao uso de  para aplicacións fitosanitarias.

http://www.mapama.gob.es/es/agricultura/temas/sanidad-vegetal/notainformativatratamientosaereoscondrones-aesa_tcm7-443997.pdf

Para solicitar a autorización, no caso de ser unha persoa física deberá facerse a través da sede electrónica da Xunta, utilizando o procedemento PR004A, a través do seguinte enderezo electrónico:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR004A

Para máis información consultar o documento:

Aplicacións aéreas de produtos fitosanitarios (123 Kb) 

Achegando a seguinte documentación:

Modelo solicitude de aplicacións aéreas fitosanitarias (187 Kb) 

Modelo de plan de aplicación (191 Kb)

 

Nota informativa relativa á inspección de equipos de aplicación de productos fitosanitarios instalados en aeronaves

Nota informativa equipos de aplicación en aeronaves (673 Kb)

 

 


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS