Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Agricultura >> Sanidade vexetal >> Organismo nocivos de cuarentena >> Xylella fastidiosa
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Xylella fastidiosa

Introdución

Xylella fastidiosa é unha bacteria cun rango de hospedantes moi amplo, e que produce graves danos en cultivos moi importantes no noso país como os cítricos, a vide, a oliveira e os froiteiros de óso, así como en numerosas especies ornamentais. Considérase que o risco de introdución no noso país é moi alto, debido á importación de material vexetal de moitas das especies hospedantes, procedentes de países nos que se detectou esta bacteria. Son frecuentes as infeccións latentes (asintomáticas), o que dificulta a súa detección, e a erradicación unha vez detectada é moi difícil, polo que a mellor estratexia ante esta praga é a prevención. É un dos principais patóxenos de corentena da Unión Europea, polo que está incluída na Directiva 200/29/CE e xa se publicou tamén normativa específica para o seu control.

Os síntomas varían moito duns hospedantes a outros, pero en xeral son marchitez, decaimiento xeneralizado da planta, secado de follas e ramas, e mesmo en estado avanzado, morte da planta. En ocasións, as plantas móstranse asintomáticas á presenza da bacteria, o que dificulta a súa detección.

Normativa

  • Decisión de execución (UE) 2015/789 da Comisión, do 18 de maio de 2015 sobre medidas para evitar a introdución e propagación dentro da Unión de Xylella fastidiosa (Wells et al.).
  • Decisión de execución (UE) 2015/2417 da Comisión, do 17 de decembro de 2015 pola que se modifica a Decisión de Execución (UE) 2015/789 no que se refire ás medidas para previr a introdución e propagación dentro a Unión de Xylella fastidiosa (Wells et al.).
  • Orde APM/21/2017, do 20 de xaneiro, pola que se establecen medidas específicas de prevención en relación coa bacteria Xylella fastidiosa (Wells et al.).

Outra información




 


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS