Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Agricultura >> Seguros agrícolas e gandeiros
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Seguros agrícolas e gandeiros

Os seguros agrarios son unha eficaz ferramenta de protección dos agricultores e gandeiros contra as adversidades meteorolóxicas e outros fenómenos alleos ao seu control que poidan causar perdas nas súas explotacións.

A Consellería do Medio Rural subvenciona a través dos orzamentos da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria a contratación de seguros agrarios, axuda que engadida á que proporciona o Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación mediante a Entidade estatal de Seguros Agrarios (ENESA) supón un nivel de financiamento que nalgúns casos acada o oitenta por cento do custe neto das pólizas.

Para axilizar o pagamento destas subvencións, as entidades aseguradoras integradas na Agrupación Española de Seguros Agrarios Combinados (Agroseguro), descontan no momento da contratación da póliza o importe da subvención que en cada caso corresponda e que logo liquidan coas administracións públicas.

Convocatoria 2016 (200 Kb)
PORCENTAXES DE SUBVENCIÓN BASE APLICABLES. ORDE do 30 de novembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2016.

Plan de seguros agrarios 2016 - (BOE núm 303, do 19 de decembro de 2015) (478 Kb)

ORDE do 30 de novembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2016 (690 Kb)

Producións e riscos asegurables

Dentro dos seguros agrícolas destacan pola súa importancia no volume de contratación os seguros para viticultura, cereais, cultivos protexidos e outros, aínda que a meirande parte das producións agrícolas galegas dispoñen dun seguro (kiwi, amorodo, tomate, faba verde, feixón, cebola e outras).

Seguros agrarios

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS