Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Agricultura >> Seguros agrícolas e gandeiros >> Contratación
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Contratación

Para contratar un seguro agrario é preciso poñerse en contacto con calquera das entidades aseguradoras que os tramitan e que están integradas na Agrupación Española de Seguros Agrarios Combinados (Agroseguro), accedendo á subvención de xeito inmediato e sen mais trámites administrativos.

A Delegación Noroeste de Agroseguro está na rúa Arquitecto Torbado, 6-2ºA, en León (c.p. 24003). Teléfono 987 207 911 e fax 987 250 409.

Para calquera dúbida, pódese poñer en contacto co Servizo de Sanidade e Produción Vexetal no teléfono 881 997 447 ou no enderezo electrónico sspvping@xuntapong.es.

Novidades para 2016

Proseguirase coas actuacións que se veñen desenvolvendo para o perfeccionamento técnico das diferentes liñas de aseguramento, traballando especialmente en consolidar e completar os procesos de deseño das liñas, favorecendo a súa adaptación ás condicións reais do cultivo, ás características do risco, ao destino das producións, ao tamaño e estrutura da explotación, ás técnicas de prevención do risco e aos resultados actuais do aseguramento, prestándose especial atención aos seguintes aspectos: 

  • Actualización das bases de datos de rendementos das liñas de seguros que o requiran.
  • Valoraciónda ampliación das garantías por sacrificio e inmobilización de animais por motivos sanitarios nas especies animais de cría intensiva, gando porcino e aviar.  
  • Desenvolvemento dun seguro de capital parcial ou a primeiro risco no sector de produción de palmáceas nas liñas de seguro para explotacións de planta viva, flor cortada, viveiros e sementeiros e, se é o caso, noutros sectores para os que este tipo de seguro sexa considerado de utilidade. Ademais estudarase a posible simplificación deste seguro para planta viva, flor cortada, viveiros e sementeiros.
  • Avance no deseño das actuais liñas do seguro cara a un modelo onde se permita a flexibilización e elección de coberturas polo asegurado, respectando a viabilidade técnica das coberturas ofrecidas.
  • Adaptación da garantía de desabellado repentino por abelleiro no seguro de explotación de apicultura aos novos estudos realizados sobre a materia.
  • Progreso no desenvolvemento da modalidade de aseguramento renovable como contribución á simplificación do proceso de contratación e á fidelización dos produtores.
  • Avance na liña de explotacións frutícolas no estudo da mellora da cobertura do vento.
  • Adecuación dos rendementos asegurables zonais nos cultivos de leguminosas.
  • Avance no desenvolvemento dos seguros hortícolas, ofrecendo melloras na garantía por danos de calidade en sarabia, en función do destino comercial dos produtos.
  • Cobertura do risco de xeada na produción de breva.
Contratación

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS