Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Agricultura >> Viveiros e sementes >> Rexistro Nacional de Produtores
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Rexistro de produtores de sementes e plantas de viveiro

Obxecto
Regular o rexistro de produtores de sementes e plantas de viveiro.

Beneficiarios:
Produtor obtentor, seleccionador ou multiplicador de sementes ou de plantas de viveiro con regulamento técnico (Sementes, frutais, vide, fresas, etc.), ou sen regulamento técnico (Ornamentais, forestais, hortícolas, etc.) .

Requisitos:

O rexistro de produtor é requisito imprescindible para poder desenvolver a actividade produtora de sementes e a actividade viveirista das especies citadas quedando sometidos ás inspeccións e obrigas establecidas na lexislación vixente.

Normativa

  • Lei 30/2006, de 26 de xullo, de sementes e plantas de viveiro e de recursos fitoxenéticos.
  • R.D. 1891/2008, de 14 de novembro, polo que se aproba o Regulamento para a autorización e rexistro dos produtores de sementes e plantas de viveiro e a súa inclusión no rexistro nacional de produtores


 Documentación

  • Solicitude normalizada
  • Dispoñer dos campos de cultivo, persoal e instalacións coas condicións sinaladas nos correspondentes Regulamentos técnicos específicos
  • Proxecto asinado por Técnico Superior para o título de Produtor obtentor e Produtor Seleccionador
  • Memoria descritiva para a solicitude de Produtor Multiplicador
  • No caso de sociedades a solicitude farase por persoa debidamente autorizada e xuntarase documentación acreditativa de que está legalmente constituída e dada de alta no rexistro correspondente
  • Fotocopia do DNI/NIF/ ou CIF
  • Fotocopia dos estatutos da sociedade
  • Folla de autoliquidación da taxa correspondente

(*) Cando non se acheguen os documentos orixinais, deberán aportarse copias compulsadas, agás que na orde figure outra indicación.

Solicitudes

Vieiros e sementes

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS