Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Alimentación >> Participación coexpositor en feiras agroalimentarias
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Participación como coexpositor en feiras agroalimentarias

FEIRAS 2018
A Consellería do Medio Rural ofrece ás empresas galegas do sector agroalimentario a posibilidade de participar en distintas feiras agrarias e alimentarias como empresa coexpositora nos stands institucionais da Consellería do Medio Rural, cun espazo expositivo individual, amparado pola marca “Galicia”.

 

A mellora da comercialización e a promoción do consumo dos produtos galegos, nomeadamente aqueles que están amparados por unha denominación de calidade, é un dos obxectivos estratéxicos da Consellería do Medio Rural para conseguir o desenvolvemento do noso sector agrario.

No marco das accións promocionais, considérase fundamental a participación en certames feirais, tanto de carácter nacional como internacional, co fin de dar a coñecer e mellorar a comercialización das distintas producións agrarias galegas, sobre todo as amparadas por algún indicativo de calidade. Crearanse espazos expositivos que permitan promocionar e establecer acordos comerciais entre as empresas coexpositoras e os maioristas e distribuidores, así como a ampliación de mercados.

Enmarcadas no plan anual de feiras está prevista a asistencia desta consellería a distintas feiras no territorio nacional. No cadro seguinte detállanse as correspondentes ao ano 2018, con posibilidade de incluír posteriormente algunha máis non contempladas inicialmente, ou de ser o caso, renunciar á asistencia a algunha das relacionadas:

 

FeiraLugarDatasWeb
XantarOurense31 xaneiro – 4 febreiro 2018http://www.xantar.org/
AlimentariaBarcelona16-19 abril 2018http://www.alimentaria-bcn.com/
Salón de GourmetsMadrid7-10 maio 2018https://www.gourmets.net/salon/
SalimatSilleda8-11 xuño 2018http://www.salimat.es/index.php/es/
IberfloraValenciaOutubro 2018http://iberflora.feriavalencia.com/
Fruit AttractionMadridOutubro 2018http://www.ifema.es/fruitattraction_01/

 

 O espazo individual que se lle ofrece inclúe os elementos necesarios (mobiliario, equipamento...) para os labores de exposición e comercialización do seu produto así como para a atención de visitas e intercambios comerciais e terá unha superficie que poderá oscilar entre 6 e 9 m2.

Todos os espazos individuais estarán agrupados baixo o nome común de Galicia.

COMO PARTICIPAR

  1. Enviar a solicitude de inscrición correspondente á feira na que se queira participar debidamente cuberta ao enderezo electrónico:
    feiras.medio-ruralping@xuntapong.gal

    O envío da solicitude de inscrición simplemente ten carácter informativo e serve para facilitar a organización á Consellería do Medio Rural, pero non garante a participación da empresa no posto.
  2. Unha vez axustadas as solicitudes de inscrición ao número de prazas dispoñibles en cada feira, se  súa empresa é seleccionada avisaráselle a través do seu correo electrónico e os seus datos serán remitidos á organización feiral.
  3. Ademais das solicitudes, e no caso de ter participado noutros eventos como coexpositor nos postos da Consellería do Medio Rural, deberán cubrir e enviar unha enquisa como a que se xunta por cada un dos eventos nos que participou.
  4. No caso de ser seleccionado, a organización do evento emitiría a factura co importe correspondente segundo o cadro, que deberá ser aboado na data indicada na factura, e, en todo caso, antes da celebración da feira.
FeiraSolicitude a enviarAportación do expositor (IVE do 10% incluído)Data límite para enviar a solicitude
XantarDescargar165 €1 decembro 2017
AlimentariaDescargar1870 €1 decembro 2017
Salón de GourmetsDescargar1870 €1 decembro 2017
SalimatDescargar165 €1 decembro 2017
IberfloraDescargarPor definir1 decembro 2017
Fruit AttractionDescargarPor definir1 decembro 2017

 

 


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS