Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Alimentación >> Produtos de calidade >> Agricultura Ecolóxica
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

C.R. "Agricultura Ecolóxica de Galicia"

Produto protexido
A Agricultura Ecolóxica é un sistema de produción de alimentos, baseado no respecto do medio ambiente, do benestar animal e do mantemento e mellora da fertilidade do solo. Empréganse prácticas agrícolas que fomentan o equilibrio do ecosistema, evitando ou excluíndo a case totalidade de produtos químicos de síntese, como fertilizantes, produtos fitosanitarios, etc; recorrendo a outras técnicas como a rotación e asociación de cultivos, o emprego de abonos verdes, o control biolóxico de pragas e o aumento da biodiversidade mediante o establecemento de sebes e o mantemento da vexetación dentro das parcelas.

Esta Denominación ampara a totalidade da produción primaria así como a elaboración e transformación dos alimentos, polo que as presentacións posibles son todas as que habitualmente se dan para calquera produto alimentario.

En calquera caso, o etiquetado ten que ir acompañado da contraetiqueta do Consello Regulador, facendo referencia ao método de produción ecolóxica. Esta contraetiqueta, previa autorización do Consello, poderá ir incluída na propia etiqueta comercial.

Orixe
A zona xeográfica na que exerce o seu control o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) é todo o territorio da Comunidade Autónoma Galega.

Características
As producións ecolóxicas susceptibles de ser protexidas pola denominación son a totalidade das producións agrícolas vexetais e animais non transformados, os produtos agrícolas vexetais e animais transformados destinados á alimentación humana e os alimentos, pensos compostos e materias primas para a alimentación animal.

Por ser produtos que se obteñen dunha agricultura sen o emprego de produtos químicos de síntese e, polo tanto, con ausencia total destes sobre os alimentos, pódese dicir que posúen a máxima calidade nutritiva, sanitaria e organoléptica, ademais de manter as súas propiedades alimenticias e de madurez durante máis tempo.

Regulamentación

  • R(CEE) 2092/91, do 24 de xuño, sobre a produción agrícola ecolóxica e a súa indicación nos produtos agrarios e alimenticios (DOCE 27.7.91).
  • Real decreto 1852/1993, do 28 de outubro de 1992, sobre produción agrícola ecolóxica e indicación da mesma nos produtos agrarios e alimentarios (BOE 26.11.93)
  • Orde do 3 de abril de 2009 pola que se aproba o regulamento de funcionamento do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (DOG nº 70 do 14.04.09). Modificada pola Orde do 4 de febreiro de 2011 (DOG nº 28 do 10.02.11)
Agricultura Ecolóxica de Galicia

Ficha técnica 2010 (19 Kb)

Ficha técnica 2011 (121 Kb)

  Ficha técnica 2012 (124 Kb)

Ficha técnica 2013 (112 Kb)

Ficha técnica 2014 (112 Kb)

Ficha técnica 2015 (107 Kb)

Ficha técnica 2016 (118 kb)

Presidente: José Antonio Fernández Álvarez

Rúa Circunvalación s/n. Edificio multiusos
27400 Monforte de Lemos
Lugo

Tel.: 982 405 300
Fax: 982 416 530
E-mail:
Web: www.craega.es

English version


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS