Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

I.X. "Orujo de Galicia / Augardente de Galicia"

Produto protexido
A I.X. "Orujo de Galicia/Augardente de Galicia" protexe a augardente elaborada a partir de bagazos de viños colleitados nos viñedos situados no ámbito xeográfico da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os produtos a protexer son: augardentes de bagazo, comercializadas ben no ano da súa obtención ou despois dun período de repouso, e augardentes de bagazo envellecidas que deberán permanecer en envases de madeira durante un período mínimo dun ano.

Orixe
Tanto a produción como a destilación do bagazo e o envellecemento das augardentes resultantes, de se producir este deberá ser realizado no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, establecéndose 9 subzonas tradicionalmente produtoras, con peculiaridades propias: Ribeiro, Valdeorras, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Monterrei, Val do Miño-Ourense, Betanzos, Ribeira do Ulla e Portomarín.

Características
As augardentes da I.X. “Orujo de Galicia/Augardente de Galicia” deberán ter aroma e sabor intenso, fino e delicado, propio da materia prima da que procede, exento de elementos estraños; incoloro e de aspecto transparente e limpo nas augardentes de bagazo e ambarino-tostado nas augardentes envellecidas. A súa graduación alcohólica oscila entre os 37,5 e 50% Vol.

Presentación
En envases provistos de etiqueta na que se fai mención á Indicación Xeográfica "Orujo de Galicia" ou "Augardente de Galicia", e con contraetiqueta numerada expedida polo Consello Regulador.

Regulamentación

  • Pola Orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 5 de maio de 1989 (DOG 22.05.89) recoñécese a Denominación Específica Orujo de Galicia.
  • A Orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria do 15 de febreiro de 1999 (DOG 1.03.99), aproba o Regulamento da D.E. Orujo de Galicia e do seu Consello Regulador, que foi modificado por: Orde do 4 de maio de 2001 (DOG 15.05.01), Orde de 8 de setembro de 2004 (D.O.G. 04.10.04), e Orde de 22 de febreiro de 2005 (D.O.G. 02.03.05)
  • Orde do MAPA do 21 de xuño de 2001 (BOE 11.07.01) que ratifica o regulamento da Denominación Específica Orujo de Galicia e do seu Consello Regulador; modificado pola Orde APA 2668/2005 do 20 de xullo de 2005 (B.O.E. 15.08.05)
Augardente

 

Expediente técnico (186 Kb)

Ficha técnica 2010 (16 Kb)

Ficha técnica 2011 (150 Kb)

  Ficha técnica 2012 (150 Kb)

Ficha técnica 2013 (151 Kb)

Ficha técnica 2014 (113 Kb)

Ficha técnica 2015 (121 Kb)

Pazo de Quián, s/n
15881 Sergude – Boqueixón
A Coruña

Tel.: 981 511 566
Fax: 981 511 934
E-mail: 
Web: www.orujodegalicia.org

English version


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS