Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

I.X. "Augardente de Herbas de Galicia"

Produto protexido
A I.X. Augardente de Herbas de Galicia protexe esta bebida espirituosa tradicional elaborada en instalacións inscritas nos rexistros do consello regulador, obtida a partir de augardentes amparadas pola denominación xeográfica Orujo de Galicia/Augardente de Galicia, mediante maceración e/ou destilación do alcohol en presenza das herbas que a caracterizan.

Orixe
Tanto a elaboración como o embotellado das augardentes de herbas deberá ser realizado no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Características
A “Augardente de herbas de Galicia” deberá ter un contido en azucres inferior a 100 gramos por litro. A súa graduación alcohólica oscila entre os 37,5 e 50% Vol.

Na elaboración da augardente de herbas de Galicia empregaranse un mínimo de tres plantas de entre as que se relacionan a continuación: menta, macela, herba luísa, romeu, ourego, tomiño, coandro, azar, fiúncho, regalicia, noz moscada e canela.

Presentación
En envases provistos de etiqueta na que se fai mención á Indicación Xeográfica “Augardente de Herbas de Galicia” e con contraetiqueta numerada expedida polo Consello Regulador.

Regulamentación

  • A Orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria do 15 de febreiro de 1999 (DOG 1.03.99), aproba o Regulamento da D.E. Orujo de Galicia e do seu Consello Regulador, que foi modificado por: Orde do 4 de maio de 2001 (DOG 15.05.01), Orde de 8 de setembro de 2004 (D.O.G. 04.10.04), e Orde de 22 de febreiro de 2005 (D.O.G. 02.03.05), pola que se inclúe este produto no ámbito de protección do regulamento.
  • Orde do MAPA do 21 de xuño de 2001 (BOE 11.07.01) que ratifica o regulamento da Denominación Específica Orujo de Galicia e do seu Consello Regulador; e Orde APA 2668/2005 do 20 de xullo de 2005 (B.O.E. 15.08.05) que ratifica a modificación que introduciu este produto dentro do ámbito de protección do regulamento.
Augardente de Herbas de Galicia

 

Expediente técnico (168 Kb)

Ficha técnica 2010 (16 Kb)

Ficha técnica 2011 (150 Kb)

  Ficha técnica 2012 (150 Kb)

Ficha técnica 2013 (151 Kb)

Ficha técnica 2014 (113 Kb)

Ficha técnica 2015 (121 Kb)

Ficha técnica 2016 (115 kb)

 

Pazo de Quián, s/n
15881 Sergude – Boqueixón
A Coruña

Tel.: 981 511 566
Fax: 981 511 934
E-mail:
Web: www.orujodegalicia.org

English version


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS