Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

I.X. "Licor Café de Galicia"

Produto protexido
A I.X. Licor Café de Galicia protexe a bebida espirituosa tradicional elaborada en instalacións inscritas nos rexistros do consello regulador, obtida a partir de augardentes amparadas pola denominación xeográfica Orujo de Galicia/Augardente de Galicia e alcohol etílico de orixe agrícola, mediante maceración e/ou destilación do alcohol en presenza de café de tostadura natural.

Orixe
Tanto a elaboración como o embotellado dos licores de café deberá ser realizado no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Características
O “Licor Café de Galicia” deberá ter un contido en azucres mínimo de 100 gramos por litro. A súa graduación alcohólica oscila entre os 15 e 40 % Vol.

Na mestura de alcohois, o contido mínimo de augardente acollida á denominación xeográfica Orujo de Galicia/Augardente de Galicia será do 50% do total do alcohol absoluto.

Presentación
En envases provistos de etiqueta na que se fai mención á Indicación Xeográfica “Licor Café de Galicia” e con contraetiqueta numerada expedida polo Consello Regulador.

Regulamentación

  • A Orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria do 15 de febreiro de 1999 (DOG 1.03.99), aproba o Regulamento da D.E. Orujo de Galicia e do seu Consello Regulador, que foi modificado por: Orde do 4 de maio de 2001 (DOG 15.05.01), e Orde de 8 de setembro de 2004 (D.O.G. 04.10.04), Orde de 22 de febreiro de 2005 (D.O.G. 02.03.05), pola que se inclúe este produto no ámbito de protección do regulamento
  • Orde do MAPA do 21 de xuño de 2001 (BOE 11.07.01) que ratifica o regulamento da Denominación Específica Orujo de Galicia e do seu Consello Regulador; e Orde APA 2668/2005 do 20 de xullo de 2005 (B.O.E. 15.08.05), que incluíu este produto dentro do ámbito de protección do regulamento.
Licor Café de Galicia

 

Expediente técnico (168 Kb)

Ficha técnica 2010 (16 Kb)

Ficha técnica 2011 (150 kb)

  Ficha técnica 2012 (150 Kb)

Ficha técnica 2013 (151 Kb)

Ficha técnica 2014 (113 Kb)

Ficha técnica 2015 (121 Kb)

Pazo de Quián, s/n
15881 Sergude – Boqueixón
A Coruña

Tel.: 981 511 566
Fax: 981 511 934
E-mail:
Web: www.orujodegalicia.org

English version


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS