Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

I.X. "Licor de Herbas de Galicia"

Produto protexido
A I.X. Licor de Herbas de Galicia protexe esta bebida espirituosa tradicional elaborada en instalacións inscritas nos rexistros do consello regulador, obtida a partir de augardentes amparadas pola denominación xeográfica Orujo de Galicia/Augardente de Galicia e alcohol etílico de orixe agrícola, mediante maceración e/ou destilación do alcohol en presenza das herbas que a caracterizan.

Orixe
Tanto a elaboración como o embotellado dos licores de herbas deberá ser realizado no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Características
O “Licor de herbas de Galicia” deberá ter un contido en azucres mínimo de 100 gramos por litro. A súa graduación alcohólica oscilará entre os 15 e 40% Vol.

Na mestura de alcohois, o contido mínimo de augardente acollida á denominación xeográfica Orujo de Galicia/Augardente de Galicia será do 50% do total do alcohol absoluto.

Presentación
En envases provistos de etiqueta na que se fai mención á Indicación Xeográfica “Licor de Herbas de Galicia” e con contraetiqueta numerada expedida polo Consello Regulador.

Regulamentación

  • A Orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria do 15 de febreiro de 1999 (DOG 1.03.99), aproba o Regulamento da D.E. Orujo de Galicia e do seu Consello Regulador, que foi modificado por: Orde do 4 de maio de 2001 (DOG 15.05.01), Orde de 8 de setembro de 2004 (D.O.G. 04.10.04), e Orde de 22 de febreiro de 2005 (D.O.G. 02.03.05), pola que se inclúe este produto no ámbito de protección do regulamento.
  • Orde do MAPA do 21 de xuño de 2001 (BOE 11.07.01) que ratifica o regulamento da Denominación Específica Orujo de Galicia e do seu Consello Regulador; e Orde APA 2668/2005 do 20 de xullo de 2005 (B.O.E. 15.08.05), que ratifica a modificación que incluíu este produto dentro do ámbito de protección do regulamento.
Licor de Herbas de Galicia

Expediente técnico (229 Kb)

Fichas técnicas

Pazo de Quián, s/n
15881 Sergude – Boqueixón
A Coruña

Tel.: 981 511 566
Fax: 981 511 934
E-mail:
Web: www.orujodegalicia.org

English version


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS