Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Alimentación >> Produtos de calidade >> Carnes >> Lacón Gallego
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

C.R.I.X.P. "Lacón Gallego"

Produto protexido
A I.X.P. “Lacón Gallego” protexe as extremidades dianteiras do gando porcino, tradicionalmente designadas con este nome, unha vez curadas.

Os lacóns protexibles procederán de porcos das razas Celta, Large White, Landrace, Duroc e os seus cruzamentos entre si. Acéptase o cruzamento coas razas Branca Belga e Pietrain, de probada aptitude cárnica, sempre que interveñan nunha proporción inferior ó 25%.

Os porcos para sacrificio terán como mínimo seis meses de idade e 90 quilogramos de peso vivo. O despece realizarase segundo a tradición e norma do corte redondo.

O proceso de elaboración do lacón consta de varias fases: salgadura, lavado, asentado e secado ou curado, cunha duración mínima de 30 días. Non se admite o afumado nin como práctica para favorecer o secado.

As pezas de “Lacón Gallego” van provistas dunha etiqueta comercial da Industria Cárnica de Elaboración onde se fai referencia á Indicación Xeográfica Protexida, e dun precinto e unha contraetiqueta expedidos polo Consello Regulador, numerados correlativamente.

Orixe
Tanto a zona de produción como a de elaboración, abranguen toda a Comunidade Autónoma de Galicia.

Características
As características do lacón amparado pola I.X.P., entre outras, son as seguintes:

  • Forma exterior redondeada, perfilada nos seus bordes ata a aparición do músculo.
  • O lacón estará enteiro, conservando a pel e o pezuño, pero sen cascos.
  • O peso oscilará entre 3 e 5,5 kg., e o seu aspecto externo será limpo, firme e cunha masa muscular consistente.
  • A textura debe ser firme ao tacto, sempre en relación ao seu grao de curación.
  • A graxa presentarase untuosa, esbrancuxada ou lixeiramente amarela, brillante, aromática e de sabor agradable.
  • Polo que respecta á masa muscular, esta será de cor de rosa a vermello, resistencia media ao corte, con graxa parcialmente infiltrada nela.
  • O aroma é suave, agradable, exento de rancio e cheiros estraños e o sabor pouco salgado, de impresión suave, untuoso e con certa intensidade.


Regulamentación

  • Denominación Específica recoñecida por Orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, do 7 de febreiro de 1997 (DOG 17.02.97).
  • Regulamento aprobado por Orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 20 de novembro de 1997 (DOG 17.11.97), e ratificado por Orde do MAPA do 21 de xullo de 1998 (BOE 7.08.98).
  • Rexistrada como Indicación Xeográfica Protexida polo Regulamento (CE) 898/2001, da Comisión, do 7 de maio de 2001 (DOCE 8.5.01).
Lacón Gallego

 

Prego de condicións (640 Kb)

Ficha técnica 2010 (14 Kb)

Ficha técnica 2011 (106 Kb)

  Ficha técnica 2012 (106 Kb)

Ficha técnica 2013 (101 Kb)

Ficha técnica 2014 (80 Kb)

Ficha técnica 2015 (85 Kb)

Presidente: Abel Yáñez Armesto

Rúa O Palomar, s/n.
Recinto Feiral
27004 Lugo

Tel.: 881 997 276
Fax: 981 546 676
E-mail:
Web: www.crlacongallego.com

English version


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS