Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Alimentación >> Produtos de calidade >> Carnes >> Ternera Gallega
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

C.R.I.X.P. "Ternera Gallega"

Produto protexido
A I.X.P. “Ternera Gallega” establece como apto unicamente o gando das razas Rubia Galega, Morenas do Noroeste, os cruces entre si e determinados cruces destas con outras razas. O gando criarase en explotacións controladas polo Consello Regulador.

A alimentación do gando adaptarase ás normas tradicionais de aproveitamento dos pastos en Galicia, segundo as peculiaridades típicas que marcaron secularmente a produción cárnica galega e que están ligados a factores culturais e sociolóxicos. Na alimentación suplementaria empregaranse produtos como millo, patacas, nabos, forraxes secos ou frescos, e concentrados en base a cereais autorizados polo Consello Regulador.

Quedan expresamente prohibidos aqueles produtos que poidan interferir no ritmo normal de crecemento e desenvolvemento do animal, así como os derivados animais reciclados.

As canais e as pezas están identificadas con etiquetas certificadoras expedidas pola Indicación Xeográfica Protexida, onde se distinguen os elementos diferenzadores de Ternera Gallega (logotipos de “Ternera Gallega” e o europeo das indicacións xeográficas protexidas), código numérico e categoría comercial (“Ternera Gallega Suprema” leva contraetiquetas con fondo de cor rosado, e “Ternera Gallega” etiquetas de fondo de cor marelo). Estas etiquetas acompañarán ao produto en tódalas etapas da súa comercialización. O produto fileteado en barquetas leva tamén unha contraetiqueta oficial controlada polo consello regulador.

Orixe
A área de produción e sacrificio circunscríbese exclusivamente á Comunidade Autónoma de Galicia.

Características
A Indicación Xeográfica Protexida ampara e protexe a carne fresca de vacún, procedente dos animais nacidos, criados e sacrificados en Galicia. É unha carne que garda un equilibrio entre o seu contido graxo e muscular, moi tenra, de gran suculencia e textura suave. O músculo é de gran fino e de consistencia firme, e a cor vai dende un rosa claro ata un vermello suave.

Considerando a idade, o manexo e a alimentación distínguense as seguintes categorías:

  • Ternera: Animal que se destina ao sacrificio cunha idade menor de dez meses. Dentro desta categoría se distinguen:
    • “Ternera Gallega Suprema”: Animais que acompañan a súa nai. A base da súa alimentación e o leite materno e que non se desteta ata o sacrificio.
    • “Ternera Gallega”: Animais que se destetan a distintas idades.
  • Anello: Ternera Gallega Anello: Animais que se destinan ao sacrifico cunha idade entre dez e dezaoito meses.


Regulamentación

  • Regulamento da Denominación Especifica Ternera Gallega aprobado por Orde da Consellería de Agricultura Gandería e Montes do 3 de novembro de 1994 (DOG 21.11.94), ratificado por Orde do MAPA do 18 de abril de 1995 (BOE 26.04.95)
  • Rexistrada como Indicación Xeográfica Protexida polo Regulamento (CE) 2400/96, da Comisión, do 17 de decembro de 1996 (DOCE 18.12.96).
Ternera Gallega

 

Prego de condicións (460 Kb)

Ficha técnica 2010 (18 Kb)

Ficha técnica 2011 (118 Kb)

  Ficha técnica 2012 (117 Kb)

Ficha técnica 2013 (116 Kb)

Ficha técnica 2014 (137 Kb)

Ficha técnica 2015 (86 Kb)

Ficha técnica 2016 (110 kb)

Presidente: Jesús González Vázquez

Recinto Feiral Amio
Apartado 2014
15891 Santiago de Compostela
A Coruña

Tel.: 981 575 786
Fax: 981 574 895
E-mail:
Web: www.terneragallega.com

English version


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS