Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Alimentación >> Produtos de calidade >> Outros >> Pan de Cea
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

C.R.I.X.P. "Pan de Cea"

Produto protexido
A protección outorgada pola I.X.P. “Pan de Cea” corresponde á produción de pan elaborado no ámbito da zona protexida, nas instalacións inscritas no rexistro do consello regulador, empregando como materias primas exclusivamente fariña de trigo, auga, sal e fermento, debendo elaborarse segundo o proceso tradicional en fornos que reúnan as características típicas e específicas dos da zona.

Os pans amparados pola I.X.P.”Pan de Cea” poden adoptar dúas presentacións:

  • Peza ou poia, de peso entre 1 e 1,2 kg
  • Media peza ou molete, de peso entre 0,5 e 0,6 kg

Orixe
A zona de elaboración do pan amparado pola I.X.P. “Pan de Cea” é a que abrangue o termo municipal de San Cristovo de Cea, na provincia de Ourense.

Neste concello vense elaborando dende tempos moi remotos un pan dunha excepcional calidade, grazas á cal atinxiu unha notoriedade que transcendeu, con moito, das fronteiras da comarca en que se sitúa.

Características
Os pans amparados pola I.X.P. presentan unha forma alongada e arredondada nos extremos, cunha fenda transversal característica no centro da súa parte superior, que divide o pan en dúas partes iguais alombadas e ensambladas.

A codia é grosa e de espesor variable, mesmo nunha mesma peza, oscilando aproximadamente entre 0’5 e 1 cm, cunha consistencia dura e ríxida, con rotura crocante e con tendencia a facer láminas, cor dende dourada a castaño escura e sabor a tostado.

A miga ten textura esponxosa, fibrosa e firme, con alveolado non moi abundante, distribuído de xeito irregular e de tamaño moi variable, cor apergamiñado e sabor intenso a trigo.

Regulamentación

  • Indicación Xeográfica Protexida recoñecida pola Orde da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural do 16 de abril de 2004 (D.O.G. 23.4.04)
  • Por Resolución de 7 de xuño de 2004, da Dirección Xeral de Industrias e Promoción Agroalimentaria, dítanse normas en relación co funcionamento do rexistro de fornos da Indicación Xeográfica Protexida “Pan de Cea” e outras actuacións de control do produto amparado (DOG 22.6.04).
  • Indicación Xeográfica Protexida ratificada polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, mediante Orde do 26 de maio de 2004 (BOE 7.6.04).
  • Rexistrada como Indicación Xeográfica Protexida polo Regulamento (CE) 205/05, da Comisión, de 4 de febreiro de 2005 (DOCE 5.2.05).
Pan de Cea

 

Prego de condicións (1.1 Mb)

Ficha técnica 2010 (103 Kb)

Ficha técnica 2011 (213 Kb)

  Ficha técnica 2012 (213 Kb)

Ficha técnica 2013 (213 Kb)

Ficha técnica 2014 (198 Kb)

Ficha técnica 2015 (411 Kb)

Presidente: Carlos Manuel Rodríguez Rodríguez

Praza Maior, 1
32130 San Cristovo de Cea
Ourense

Tel.: 618 265 307
E-mail:
Web: www.pandecea.org

English version


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS