Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Alimentación >> Produtos de calidade >> Outros >> Tarta de Santiago
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Tarta de Santiago

Extensión da protección
A indicación xeográfica protexida Tarta de Santiago quedará protexida fronte a un uso distinto ao regulado na Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega; no Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores; neste regulamento e demais normativa concordante.
     
Características do produto e elaboración
O produto amparado pola indicación xeográfica protexida Tarta de Santiago é un doce tradicional galego, cuxos compoñentes básicos son améndoas, azucre e ovo, empregados nas proporcións e segundo as condicións que se definen neste regulamento e no prego de condicións do produto.

As características organolépticas que definen este produto son as seguintes:

  • Forma: redonda con cuberta de azucre glasé onde figurará a cruz da Orde de Santiago como sinal de identidade propia.
  • Aroma: típico a xema e améndoa.
  • Cor: cobertura branca en superficie debido á decoración con azucre glasé e cor dourada ao corte.
  • Sabor: típico a améndoa.
  • Textura: esponxosa e granulada.

Existen dúas presentacións básicas torta forrada ou con base e torta sen forrar. Á vez, cada unha destas presentacións admitirá distintos formatos en función do tamaño da torta.

Zona de elaboración
A zona de elaboración das tortas amparadas pola indicación xeográfica protexida Tarta de Santiago abrangue todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
   
Regulamentación
ORDE do 10 de febreiro de 2010 pola que se aproba o Regulamento da indicación xeográfica protexida Tarta de Santiago e do seu Consello Regulador, se nomea o Consello Regulador provisorio e se dá publicidade ao prego de condicións do produto

Prego de condicións

Ficha técnica 2010

Ficha técnica 2011

Ficha técnica 2012

Ficha técnica 2013

Ficha técnica 2014

Ficha técnica 2015

 

Presidente: Manuel Iglesias García

Pazo de Quián s/n
15881 Sergude, Boqueixón
A Coruña

Tel.: 881 99 72 76 // 981 54 66 76
E-mail: info@tartadesantiago.org
Web: www.tartadesantiago.org


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS