Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Alimentación >> Produtos de calidade >> Produtos vexetais >> Castaña de Galicia
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

C.R.I.X.P. "Castaña de Galicia"

Produto protexido
A indicación xeográfica protexida Castaña de Galicia resérvase aos froitos obtidos a partir dos cultivares autóctonos galegos do castiñeiro europeo
(Castanea sativa, Mill.) destinados ao consumo humano e comercializados en fresco ou conxelado.

As castañas amparadas pola indicación xeográfica protexida Castaña de Galicia deberán estar cultivadas e procesadas segundo o establecido no prego de condicións e normas complementarias de aplicación.

Orixe
O ámbito xeográfico de produción da indicación xeográfica protexida Castaña de Galicia comprende o territorio galego que se atopa delimitado ao oeste pola Dorsal Galega e pola Serra do Xistral cara ao norte.

Dende o punto de vista administrativo, a zona de cultivo e recolección abrangue:

  • Provincia da Coruña: a Terra de Melide e os concellos de Arzúa e Boimorto (comarca de Arzúa).
  • O conxunto da provincia de Lugo, a excepción dos concellos do Vicedo, Viveiro, Xove e Cervo (comarca da Mariña Occidental), Burela e Foz (comarca da Mariña Central) e Barreiros e Ribadeo (comarca da Mariña Oriental).
  • A totalidade dos concellos da provincia de Ourense.
  • Provincia de Pontevedra: as comarcas do Deza e de Tabeirós-Terra de Montes, os concellos de Cotobade, A Lama e Campo Lameiro (comarca de Pontevedra) e o concello de Cuntis (comarca de Caldas).

A demarcación da devandita área de produción responde a unhas condicións pluviométricas, térmicas, ombrotérmicas, hipsométricas e de solos óptimas para o cultivo de castaña de calidade.

Características
As características principais xerais da castaña galega son:

  • Pericarpio fino, de cor marrón clara e brillante.
  • Epispermo (membrana) fino que penetra lixeiramente na semente e que se separa facilmente ao pelar a castaña.
  • Sabor doce e textura firme non fariñenta.
  • Humidade: unha vez colleitado, o froito terá entre o 50 e o 60% de humidade.

Regulamentación
Orde do 5 de febreiro de 2009 pola que se aproba o Regulamento da indicación xeográfica protexida Castaña de Galicia e do seu Consello Regulador e se nomea o Consello Regulador Provisional.

Corrección de erros.-Orde do 5 de febreiro de 2009 pola que se aproba o Regulamento da indicación xeográfica protexida Castaña de Galicia e do seu Consello Regulador, e se nomea o Consello Regulador Provisional.

Faba de Lourenzá

Prego de condicións (526 Kb)

Fichas técnicas

Operadores certificados (59 Kb)

Presidente: Jesús Quintá García


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS