Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Alimentación >> Produtos de calidade >> Produtos vexetais >> Faba de Lourenzá
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

C.R.I.X.P. "Faba de Lourenzá"

Produto protexido
O produto amparado pola indicación xeográfica protexida Faba de Lourenzá son fabas secas separadas do casulo, procedentes da familia das fabáceas ou leguminosas, especie Phaseolus vulgaris, L, da variedade local coñecida como Faba Galaica, procedentes de sementes certificadas, reemprego controlado da propia explotación ou de sementes procedentes doutras plantacións inscritas nos rexistros do órgano de control. O seu destino é o consumo humano.

As fabas deberán ser sas, enteiras, limpas e exentas de defectos externos ou de olores ou sabores estraños.

Orixe
A área de produción de fabas amparadas pola indicación xeográfica protexida Faba de Lourenzá abarca o territorio costeiro da provincia de Lugo coñecido como A Mariña Luguesa, comarca natural dividida administrativamente en tres comarcas: A Mariña Occidental, A Mariña Central e A Mariña Oriental, e que engloba os concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove.

A área de produción coincide coa de envasado.

Características
As fabas comercializadas co amparo desta indicación xeográfica presentan forma de ril, longo, semicheo; de cor branca uniforme; tamaño moi grande (80-120 g/100 sementes); humidade entre 14-17%; escasa proporción de pel, entre o 8 e o 10%; elevada capacidade de absorción de auga, superior ao 100%, e excepcional comportamento en cocción, conseguíndose ao final do proceso grans enteiros e completos, nos que destaca a pastosidade da polpa, exenta de grumos e escasamente diferenciada da pel.

Regulamentación
Orde do 20 de agosto de 2008 pola que se aproba o Regulamento da indicación xeográfica protexida Faba de Lourenzá e do seu Consello Regulador, e se nomea o Consello Regulador Provisional.

Faba de Lourenzá

 

Prego de condicións (424 Kb)

Ficha técnica 2010 (103 Kb)

Ficha técnica 2011 (449 Kb)

  Ficha técnica 2012 (448 Kb)

Ficha técnica 2013 (454 Kb)

Ficha técnica 2014 (257 Kb)

Ficha técnica 2015 (265 Kb)

Ficha técnica 2016 (215 Kb)

Presidenta: Gema Iglesias Recalde


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS