Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Alimentación >> Produtos de calidade >> Produtos vexetais >> Grelos de Galicia
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Grelos de Galicia

Zona amparada pola indicación xeográfica protexida Grelos de Galicia:
A área de produción de grelos amparados pola indicación xeográfica protexida Grelos de Galicia esténdese a todos os concellos da Comunidade Autónoma de
Galicia.

A manipulación, transformación e envasado dos grelos deberán realizarse na zona xeográfica de produción delimitada.

Produto protexido
O produto amparado pola indicación xeográfica protexida Grelos de Galicia é a parte vexetativa destinada ao consumo humano procedente de plantas da
especie Brassica rapa. L. var. rapa (comunmente coñecida como nabo), das variedades-poboación correspondentes aos ecotipos de Santiago e Lugo, así como das variedades comerciais rexistradas Grelos de Santiago e Globo branco de Lugo, representativas respectivamente de ditos ecotipos.

Comercialízanse en fresco (en feixes de pesos aproximados de 0,5 ou 1 kg, atados por medio de cintas vexetais ou doutros materiais autorizados),
conxelados (envasados en bolsas de materiais e pesos autorizados) ou en conserva (elaborados ao natural e presentados en envases metálicos ou
 frascos de vidro de pesos autorizados).

No caso de grelos sometidos a procesos de transformación distintos dos contemplados no regulamento desta denominación xeográfica, poderase autorizar na etiquetaxe unha referencia relativa a que están elaborados con produto amparado pola indicación xeográfica protexida Grelos de Galicia.

Características
A denominación grelos fai referencia ás follas e talos recollidos ao longo do período vexetativo da planta. Unha vez posta en condicións de consumo tras a súa cocción, presentan as seguintes características organolépticas: cor verde intensa, máis acentuada á medida que a planta se aproxima ao momento de floración; sabor lixeiramente ácido, combinado con certo amargor; textura lixeiramente fibrosa, máis acusada se a variedade é de folla estreita con elevada porcentaxe de pecíolos; e dureza moi baixa debido ao baixo contido en fibra alimentaria.

Ademais da anterior denominación, tamén se utilizan comunmente os seguintes termos:

  • Nabizas, para designar ás follas e talos vexetativos recollidos ao longo do ciclo de desenvolvemento, e
  • Cimos, que nalgunhas zonas de Galicia se utilizan en alusión aos talos florais xusto antes da floración.

Regulamentación

  • Orde do 23 de decembro de 2009 pola que se aproba o Regulamento da indicación xeográfica protexida Grelos de Galicia e do seu Consello Regulador, e se nomea o Consello Regulador provisional. Modificado pola Orde do 1 de febreiro de 2012 (DOG nº 29, do 10 de febreiro de 2012).

Prego de condicións

Fichas técnicas

Operadores certificados (96 Kb)

Presidente: Andrés de la Fuente Vázquez

Pazo de Quián, s/n. Sergude
15.681 Boqueixón (A Coruña)


Tel: 881 997 279
Fax: 981 546 676
E-mail: ingacalping@xuntapong.es


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS