Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Alimentación >> Produtos de calidade >> Produtos vexetais >> Pataca de Galicia
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

C.R.I.X.P. "Pataca de Galicia"

Produto protexido
A protección outorgada pola I.X.P. Pataca de Galicia corresponde ás patacas de consumo da variedade Kennebec, cultivadas segundo as prácticas de cultivo tradicionais do xeito máis esmerado para acadar unha calidade óptima.

Comercialízase en envases novos, limpos e de materiais axeitados para favorecer unha correcta ventilación e transporte do produto. Nestes envases, que poden ser de 15, 10, 5, 4, 3 e 2,5 kg, figurará nun terzo da súa cara principal o logotipo da I.X.P. Pataca de Galicia e a etiqueta comercial xunto coa contraetiqueta numerada expedida polo consello regulador. Tamén se autorizan envases de 25 kg. para o seu destino á hostalería.

Orixe
A zona de produción, almacenaxe e envasado da pataca de consumo protexida pola I.X.P. Pataca de Galicia está constituída polos terreos aptos situados nas seguintes subzonas:

  • Subzona de Bergantiños (A Coruña)
  • Subzona da Terra Chá-A Mariña (Lugo)
  • Subzona de Lemos (Lugo)
  • Subzona da Limia (Ourense)

Características
Os tubérculos comercializados co amparo desta indicación xeográfica presentan unha forma entre redonda e oval, con presenza de ollos moi superficiais, pel de aparencia lisa e fina e de cor amarela clara. A súa carne, de cor branca, é de textura firme e cremosa ao ser cocida, consistente en boca. A calidade para consumo é excelente, destacando polo seu contido en materia seca (superior ao 18%) e por manter as súas calidades de cor, aroma e sabor, aínda despois de ser cociñadas.

Regulamentación

  • Por Orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria do 29 de outubro de 2001 (D.O.G. 9.11.01) apróbase o regulamento da Indicación Xeográfica Protexida “Pataca de Galicia” e do seu Consello Regulador.
  • Por Orde do Ministerio de Agricultura Pesca e Alimentación do 24 de abril de 2002 (B.O.E. 11.05.02), ratifícase o regulamento da Indicación Xeográfica Protexida “Pataca de Galicia” e do seu consello regulador.

Libro de receitas

O corazón da cociña galega (4.7 Mb)

Pataca de Galicia

 

Prego de condicións (68 Kb)

Ficha técnica 2010 (115 Kb)

Ficha técnica 2011 (255 Kb)

  Ficha técnica 2012 (254 Kb)

Ficha técnica 2013 (257 Kb)

Ficha técnica 2014 (233 Kb)

Ficha técnica 2015 (240 Kb)

Ficha técnica 2016 (500 Kb)

Presidente: Julio Gómez Fernández

Finca Devesa, s/n.
32630 Xinzo de Limia
Ourense

Tel.: 988 462 650
Fax: 988 462 650
E-mail: patacadegaliciaping@patacadegaliciapong.es
Web: www.patacadegalicia.es

English version


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS