Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Alimentación >> Produtos de calidade >> Produtos vexetais >> Pemento de Arnoia
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Pemento de Arnoia

Produto protexido
Os pementos amparados pola indicación xeográfica protexida Pemento da Arnoia son os froitos pertencentes ao ecotipo da especie Capsicum annuum, L., cultivado tradicionalmente na zona de produción, procedentes de parcelas inscritas no correspondente rexistro

Orixe
O ámbito xeográfico da zona de produción amparada pola indicación xeográfica protexida Pemento da Arnoia comprende unha área de 23 km2 de extensión constituída polotermo municipal da Arnoia e pola parroquia de Meréns, pertencente ao municipio de Cortegada.

A totalidade da área encóntrase incluída na comarca do Ribeiro, situada ao oeste daprovincia de Ourense, no sur da Comunidade Autónoma de Galicia.

Características
As plantas deste ecotipo son de consistencia herbácea, moi ramificadas, de portemedio, e acadan unha altura aproximada entre 55 e 80 cm ao aire libre. Son de ciclo semiprecoz,con follas pequenas, lanceoladas e de elevada floración.


O froito é apañado en verde, en estado inmaturo intermedio, para a súa comercializaciónen fresco, e debe presentar as características seguintes:

  • Categoría comercial I, de acordo co Regulamento de execución (UE) nº 543/2011 da Comisión, do 7 de xuño de 2011, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) nº 1234/2007 do Consello nos sectores das froitas e hortalizas e das froitas e hortalizas transformadas.
  • Forma: cónica, acampanada, con 3 ou 4 cascos e 4 costelas e un número variable de septos lonxitudinais bastante patentes.
  • Ápice: fendido ou arredondado.
  • Zona de inserción do pedúnculo lobulada.
  • Pel: lisa e brillante, de cor verde clara.
  • Peso aproximado: entre 50 e 90 gramos por unidade.
  • Lonxitude aproximada do froito: entre 7,5 e 11 cm.
  • Largura aproximada do froito: entre 5 e 7 cm.
  • Espesor aproximado da parede intermedia ou carne: entre 2,6 e 7,7 mm.
  • Sección lonxitudinal: trapezoidal.
  • Cata: cheiro intenso e sabor doce, con moi baixa punxencia.

 
En valores medios, os froitos presentan as seguintes características químicas:

  • Composición química, expresada en g/100 g sobre peso fresco: proteínas (0.80), carbohidratos (3.84), fibra total (1.63), lípidos (0.22) e vitamina C (109 mg/100 g sobre pesofresco).
  • Macroelementos, expresados en g/100 g sobre peso seco: potasio (2.91), magnesio(0.14), calcio (0.08) e sodio (0.015).


Regulamentación
ORDE do 19 de xullo de 2013 pola que se aproba o Regulamento da indicación xeográfica protexida Pemento da Arnoia e do seu Consello Regulador, e se nomea o Consello Regulador provisorio.

Inscrición no rexistro europeo mediante o Regulamento (UE) nº 444/2010 da Comisión, do 21 de maio de 2010, que foi publicado no Diario Oficial de la Unión Europea o 22 de maio dese ano.

Prego de condicións

 

Presidente: Francisco Vázquez González

Outeiro Cruz, 12
32417 A Arnoia (Ourense)

Tel.: 881 99 72 76 // 981 54 66 76
E-mail: quinteirosping@nosaflorpong.com


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS