Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Alimentación >> Produtos de calidade >> Produtos vexetais >> Pemento de Herbón
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Pemento de Herbón

Produto protexido
Os pementos amparados pola denominación de orixe protexida Pemento de Herbón son os froitos da especie Capsicum annuun L, dos ecotipos locais da variedade Padrón, procedentes de parcelas inscritas no correspondente rexistro. O produto deberá cumprir os requisitos exixidos pola lexislación vixente para o efecto e polo prego de condicións comunicado á Comisión Europea.

Orixe
A área de produción de pementos amparados pola denominación de orixe protexida Pemento de Herbón abrangue os seguintes termos municipais:
Provincia da Coruña: Padrón, Dodro e Rois.
Provincia de Pontevedra: Pontecesures e Valga.
A área de produción coincide coa de envasado.

Características

As plantas deste ecotipo son de consistencia herbácea, moi ramificadas, porte medio-alto, acadando uns 80 ou 100 cm ao aire libre e uns 150 ou 200 cm en invernadoiro.

Son de ciclo semiprecoz, con follas pequenas, lanceoladas e de elevada floración. As plantas deberán atoparse en perfecto estado físico, nutricional e fitosanitario.

O froito é colleitado en verde, en estado inmaduro precoz (tamaño comercial) para a súa comercialización en fresco, debendo presentar as características seguintes:

  • Forma: froito curto (tipo C4, segundo a clasificación Pochard) alongado con tres ou catro lóculos no ápice.
  • Peso aproximado: entre 3,5 e 4,5 gramos por unidade.
  • Lonxitude aproximada do froito: entre 3,5 e 5,5 cm.
  • Diámetro máximo (largo): entre 1,5 e 2 cm.
  • Ápice: afundido.
  • Lonxitude do pedúnculo: entre 3,5 e 6 cm.
  • Pel: lisa e brillante, de cor verde, lixeiramente clara.
  • Espesura da parede intermedia ou carne: presenta unha espesura fina de aproximadamente 1,5 mm.
  • Sección lonxitudinal: trapezoidal.
  • Relación peso do froito/peso semente (relación entre o peso do froito libre de sementes, pedúnculo e cáliz e o peso das propias sementes): 3,2 (valormedio).
  • Cata: aroma de intensidade moderada, de sabor doce, podendo ser lixeiramente picante.

En valores medios, os froitos presentan as seguintes características químicas:

  • Expresados en g/100 g sobre peso fresco: auga(91), glicosa (0,85), frutosa (0,75), sacarosa (non sedetecta), amidón (0,81), fibra (2,2), pectinas (0,73).
  • Expresados en mg/100 g sobre peso fresco: ácidocítrico (28), ácido fumárico (1,1), ácido álico (208), ácido oxálico (140), vitamina C (24), clorofilaa (7,9), clorofila b (3,4), luteína (1,6), betacarotenos(0,92).


Regulamentación
Orde do 1 de xullo de 2009 pola que se aproba o Regulamento da denominación de orixe protexida Pemento de Herbón e do seu Consello Regulador e se nomea o Consello Regulador Provisional (DOG 10/07/2009).

Rexistrada como denominación de orixe protexida polo Regulamento (UE) Nº 700/2010 da Comisión do 4 deagosto de 2010 (DOUE do 5/07/2010).

Prego de condicións

Ficha técnica 2010

Ficha técnica 2011

Ficha técnica 2012

Ficha técnica 2013

Ficha técnica 2014

Ficha técnica 2015

 

Presidente: José Ramón Torreira García

Rúa Dolores, s/n   
15900  Padrón (A Coruña)

Tel.:  881 99 72 76 // 981 54 66 76
E-mail: infoping@pementodeherbonpong.com
Web: www.pementodeherbon.com    


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS