Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Alimentación >> Produtos de calidade >> Produtos vexetais >> Pemento de Mougán
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Pemento de Mougán

Orixe
A área de produción do pemento amparado pola Indicación xeográfica protexida está constituída pola totalidade do municipio de Guntín en Lugo.

Características
Os pementos amparados pola Indicación xeográfica protexida (I.X.P.) Pemento de Mougán son os froitos da especie Capsicum annuum, L., do ecotipo local coñecido por ese mesmo nome.

O Pemento de Mougán ten un froito semicartilaginoso de cor verde en estado de inmadurez e vermello en estado maduro. O froito é cadrado (A4 segundo Pochard 1966), clasificándose segundo a súa forma como CMV3L (cadrado morro de vaca tres lóbulos) sendo colleitados en verde (estado inmaturo precoz) e destinados á comercialización en fresco.

As plantas son de consistencia herbácea, moi ramificadas, porte medio (alcanzando entre 50 e 90 cm ao aire libre e entre 60 e 120 cm en estruturas baixo cuberta) e de ciclo semiprecoz, con follas pequenas, lanceoladas e de elevada floración cos froitos normalmente colgantes.

As características do froito destinado á comercialización son as seguintes:

  • Forma: sección lonxitudinal cadrada e sección transversal lixeiramente sucada e co extremo apical marcado con tres ou catro cantos.
  • Peso: entre 6 e 15 gramos por unidade.
  • Lonxitude do froito: entre 3 e 6,5 cm.
  • Anchura: entre 2,5 e 4 cm.
  • Pedúnculo: entre 2 e 5 cm., sempre de menor lonxitude que o froito. É ríxido e con curvatura.
  • Pel: de cor verde escura brillante.
  • Espesor da parede ou carne: fina de 1,5 mm. aproximadamente.
  • Cata: carne de textura fina e zumenta, de sabor doce, lixeiramente herbáceo e ás veces picante, con aroma de intensidade moderada.


Regulamentación

Prego de condicións do pemento de Mougán

 

Prego de condicións (288 Kb)

 

Presidente: José Luis López Fernández

Mougán-Guntín

Tel.: 881 997 276
Fax: 981 546 676


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS