Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Alimentación >> Produtos de calidade >> Produtos vexetais >> Pemento de Oímbra
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Pemento de Oímbra

Produto protexido
Os pementos amparados pola indicación xeográfica protexida Pemento de Oímbra son os froitos pertencentes ao ecotipo da especie Capsicum annuum, L. cultivado tradicionalmente  na zona de produción, procedentes de parcelas inscritas no correspondente rexistro.

Orixe
A área de produción de pementos amparados pola indicación xeográfica protexida Pemento de Oímbra está constituída pola totalidade da comarca ourensá de Verín, composta polos seguintes municipios: Oímbra, Verín, Castrelo do Val, Monterrei, Cualedro, Laza, Riós e Vilardevós.

Características
As plantas deste ecotipo son de consistencia herbácea, moi ramificadas, porte mediobaixo, que chegan a acadar uns 60 ou 80 cm ao aire libre. Son de ciclo semiprecoz, con follas pequenas, lanceoladas e de elevada floración.

O froito é apañado en verde, en estado inmaturo intermedio para a súa comercialización en fresco, e debe presentar as características seguintes:

  • Forma: regular, alongada, cun casco e 3 ou 4 costelas e sen nervaduras importantes.
  • Peso: entre 100 e 200 gramos/unidade.
  • Lonxitude do froito: entre 10 e 20 cm.
  • Largura da base: entre 6 e 8 cm.
  • Forma do ápice: picudo ou arredondado.
  • Sección transversal con 3 ou 4 lóbulos.
  • Pel: lisa e brillante, de cor verde clara con tonalidades case amarelas.
  • Espesor da parede ou carne: entre 6 mm e 8 mm.
  • Cata: sabor doce, sen picor debido á ausencia de capsicina e cheiro de intensidade media.

En valores medios, os froitos presentan unha humidade do 93 % e 1,3 g de proteína por 100 g sobre peso fresco

Regulamentación
ORDE do 5 de maio de 2014 pola que se aproba o Regulamento da indicación xeográfica protexida Pemento de Oímbra e do seu Consello Regulador, e se
nomea o Consello Regulador provisorio.

Inscrición no rexistro da UE mediante Regulamento (UE) nº 429/2010 da Comisión, do 20 demaio de 2010, que foi publicado no Diario Oficial de la Unión Europea o 21 de maio dese ano.

Prego de condicións

 

Presidenta: Milagros Prada Pardo

Avenida do Carregal, 3,
32613 Oímbra (Ourense)

Tel.:  881 997 279
Fax:  981 546 676


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS