Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Alimentación >> Produtos de calidade >> Produtos vexetais >> Pemento do Couto
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Pemento do Couto

Produto protexido
Os pementos amparados pola indicación xeográfica protexida Pemento do Couto son os froitos da especie Capsicum annuum, L, do ecotipo local coñecido por ese mesmo nome, procedentes de parcelas inscritas no correspondente rexistro

Orixe
A área de produción de pementos amparados pola indicación xeográfica protexida Pemento do Couto está constituída pola totalidade da comarca do Ferrol, integrada polos seguintes municipios: Ferrol, Narón, Valdoviño, Cedeira, Moeche, As Somozas, San Sadurniño, Neda, Fene, Mugardos e Ares.

Características
As plantas deste ecotipo son de consistencia herbácea, moi ramificadas, porte medio, acadando entre 80 e 100 cm en cultivo ao aire libre e entre115 e 130 cm en cultivo baixo cuberta. Son de ciclos emiprecoz, con follas pequenas, lanceoladas e de elevada floración.
 O froito é apañado en verde, en estado inmaturo precoz para a súa comercialización en fresco,debendo presentar as características seguintes:

  • Categoría comercial I, de acordo co Regulamento(CE) 1221/2008.
  • Forma: sección lonxitudinal troncocónica-trapezoidale sección transversal redondeada. En ocasiónsa sección transversal aparece lixeiramente sucada e co extremo apical marcado con tres oucatro cantos.
  • Peso: entre 4 e 6 gramos por unidade.
  • Lonxitude do froito: entre 4 e 8 cm.
  • Largo aproximado: 2 cm.
  • fPedúnculo: entre 2 e 3 cm, sempre de menor lonxitude que o froito. É ríxido e normalmente recto ou con escasa curvatura.
  • Pel: de cor verde escura, con pouco brillo.
  • Espesor da parede ou carne: presenta un espesor fino de aproximadamente entre 1 e 1,5 mm.
  • Cata: carne de textura fina e zumarenta, de sabor doce, lixeiramente herbáceo e sen picor debido áausencia de capsicina, con aroma de intensidade moderada e con escasa presenza de sementes.


Regulamentación
Orde do 11 de maio de 2010 pola que se aproba o Regulamento da indicación xeográfica protexida Pemento do Couto e do seu Consello Regulador, e se nomea o Consello Regulador provisional.

Inscrición na UE no Regulamento (UE) 147/2010 da Comisión do 23de febreiro, publicado no DOUE nº L 47, do 24 defebreiro, produciuse a inscrición definitiva desta indicación xeográfica protexida.

Prego de condicións

Ficha técnica 2010

Ficha técnica 2011

Ficha técnica 2012

Ficha técnica 2013

Ficha técnica 2014

Ficha técnica 2015

 

Presidente: José Manuel Castro Leirachá

Vilacornelle - O Val, s/n
15541 Narón (A Coruña)

Tel.:  881 997 276
Fax:  981 546 676
E-mail: infoping@pementodocoutopong.com
Web: www.pementodocouto.com


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS