Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Alimentación >> Produtos de calidade >> Queixos >> Cebreiro
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

C.R.D.O.P. "Cebreiro"

Produto protexido
A D.O.P. “Cebreiro” ampara o queixo elaborado con leite pasteurizado procedente de gando vacún das razas rubia galega, pardo-alpina, frisona ou dos seus cruzamentos.

O leite será enteiro e limpo, sen costros, conservantes ou produtos medicamentosos e cunha composición equilibrada en graxa e proteínas, conforme ás características e estación do ano, para que o produto final teña un contido graxo mínimo do 45%.

O queixo do Cebreiro comercialízase tanto en fresco como curado, cunha maduración mínima de 45 días.

As pezas preséntanse ao consumidor provistas da etiqueta comercial, na que se fai referencia á Denominación de Orixe Protexida, e unha contraetiqueta numerada e controlada, que garante a autenticidade do produto.

Orixe
A área de produción, tanto do leite como do queixo, está situada na provincia de Lugo, na zona de entrada a Galicia pola principal ruta de peregrinación a Compostela, o Camiño francés. Abrangue os concellos de Baleira, Baralla, Becerreá, Castroverde, Cervantes, Folgoso do Caurel, A Fonsagrada, Láncara, Navia de Suarna, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Samos e Triacastela.

Características
O queixo amparado pola D.O.P. Cebreiro presenta unha forma de seta ou gorro de cociñeiro cunha base cilíndrica de diámetro variable e altura non superior a 12 cm, e un sombreiro lixeiramente máis ancho e cunha altura non superior a 3 cm O seu peso estará entre 0’3 e 2 kg. A súa codia é fina ou inexistente, firme, sen mofo e de cor variable desde o branco ata o amarelado segundo o grao de maduración.

A pasta é granulosa, branda, untuosa e fundente no padal, de cor branca e sabor lácteo levemente acedo. O seu contido en graxa será superior ao 45% e inferior ao 60%, sobre extracto seco, e en proteína superior ao 30%.

Regulamentación

  • Denominación de Orixe recoñecida por Orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria do 5 de marzo 1999 (DOG 11.03.99)
  • Por Orde da Consellería de política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural do 21 de decembro de 2004 (DOG 29.12.04) aprobouse o regulamento da Denominación de orixe Protexida Cebreiro e do seu consello regulador, que foi ratificado pola Orde APA/1559/2005 de 17 de maio (BOE 31.05.05)
Queixo do Cebreiro

 

Prego de condicións (460 Kb)

Ficha técnica 2010 (103 Kb)

Ficha técnica 2011 (203 Kb)

  Ficha técnica 2012 (203 Kb)

Ficha técnica 2013 (203 Kb)

Ficha técnica 2014 (188 Kb)

Ficha técnica 2015 (189 Kb)

Ficha técnica 2016 (200 kb)

Presidente: Enrique Fernández Fernández

Avda. de Castela, nº 18 - baixo
27670 Pedrafita do Cebreiro
Lugo

Tel.: 982 367 012
Fax: 982 367 412
E-mail: infoping@cebreiropong.es
Web: www.cebreiro.es

English version


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS