Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Alimentación >> Produtos de calidade >> Queixos >> Queixo Tetilla
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

C.R.D.O.P. "Queixo Tetilla"

Produto protexido
A D.O.P. Queixo Tetilla ampara o queixo elaborado con leite de vaca das razas rubia galega, frisona e pardo alpina.

O leite destinado á súa elaboración debe ser o produto natural e íntegro do muxido de vacas sas que non conteñan costros, conservadores ou produtos medicamentosos.

O Queixo Tetilla é o resultado dunha maduración ou fermentación que comeza no mesmo leite nada máis muxido e segue a través da coagulación e transformacións químicas que definen o produto e que son a consecuencia da simbiose vaca-contorno e da capacidade de transmitir na devandita síntese a súa identidade. É interesante subliñar a influencia das razas salientadas, perfectamente adaptadas ao medio, como unha das causas definitorias da obtención do Queixo Tetilla.

As pezas (entre 0,5 e 1,5 Kg) van provistas de etiqueta, onde se fai referencia á súa condición de Denominación de Orixe Protexida e con contraetiqueta numerada de control do Consello Regulador.

Orixe
Tanto a zona de produción de leite como a de elaboración do Queixo Tetilla abrangue todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Características
O queixo amparado pola D.O.P. Queixo Tetilla, que se caracteriza pola súa forma cónica ou cónica-convexa; presenta unha cortiza apreciable, fina e elástica, de menos de 3 mm de espesor, de cor amarela de palla, natural e sen mofos. A pasta é branda, cremosa e uniforme, con poucos ollos e regularmente repartidos, de cor branca-marfil, amarela. O seu aroma, suave e lixeiramente ácido, lembra á materia prima, ao igual que o seu sabor lácteo, de manteiga, lixeiramente ácida e con salgado suave. O período mínimo de maduración é de 7 días dende a súa saída de salmoira.

Ao remate da maduración, o Queixo Tetilla con D.O.P. presenta un contido sobre extracto seco de materia graxa non inferior ao 45%.

Regulamentación

  • Denominación de Orixe recoñecida pola Orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 18 de marzo de 1992 (DOG 1.04.92)
  • Regulamento aprobado pola Orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 18 de xuño de 1993, e ratificado pola Orde do MAPA do 24 de novembro de 1993 (BOE 25.12.93)
  • Rexistrada como Denominación de Orixe Protexida polo Regulamento (CE) 1107/96, da Comisión, do 17 de xuño de 1996 (DOCE 21.6.96).
Queixo de tetilla

Prego de condicións (660 Kb)

Fichas técnicas

Presidente: Javier Sampayo Menéndez

Pazo de Quián
15881 Sergude-Boqueixón
A Coruña.

Tel.: 981 511 751
Fax: 981 511 864
E-mail:
Web: www.queixotetilla.org

English version


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS