Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Alimentación >> Produtos de calidade >> Queixos >> San Simón da Costa
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

C.R.D.O.P. "San Simón da Costa"

Produto protexido
A D.O.P. San Simón da Costa ampara o queixo elaborado con leite procedente de gando vacún das razas rubia galega, pardo-alpina, frisona e dos seus cruzamentos.

O leite será enteiro, limpo, sen costros, nin conservantes, e cunha composición equilibrada de graxa e proteínas, conforme ás características e estación do ano, para que o produto final teña un contido graxo superior ao 45%.

O queixo San Simón da Costa comercialízase cunha maduración mínima de 45 días no caso do formato grande (0,8 a 1,5 Kg.) e de 30 dias no caso do formato pequeno ou “bufón” (0,4 a 0,8 Kg.), procedendo, ao finalizar esta, ao seu afumado, para o que se emprega madeira de bidueiro.

As pezas comercialízanse provistas de etiqueta onde se fai referencia a Denominación de Orixe Protexida e dunha contratetiqueta numerada e controlada que garante a orixe e calidade do produto.

Orixe
A zona de produción, tanto do leite como do queixo, atópase na provincia de Lugo e está constituída pola comarca da Terra Chá, que engloba os concellos de: Abadín, A Pastoriza, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, Vilalba e Xermade.

Características
O queixo amparado pola D.O.P. San Simón da Costa presenta unha forma intermedia entre buxaina e bala, rematando na parte superior en bico. A súa codia afumada, de cor amarela-ocre e algo graxenta, inelástica e dura, de 1 a 3 mm. de grosor. A pasta presenta unha textura fina, graxa, semi-dura, semi-elástica e preta, de cor entre branco e amarelo suave ao corte, con aroma e sabor característicos, e cun número non moi elevado de ollos que serán de forma redondeada ou irregular e de tamaño variable pero inferior a medio chícharo. O seu contido en graxa sobre estrato seco, será superior ao 45% e inferior ao 60%.

Regulamentación

  • Denominación de orixe recoñecida por orde do 20 de abril de 1999 (DOG 4.5.99)
  • Por Orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria do 19 de Novembro de 2004 apróbase o regulamento da Denominación de Orixe Protexida Cebreiro e do seu consello regulador (DOG 26.11.04 ), ratificado polo MAPA por orde de 17 de maio de 2005 (BOE 30.5.05)
Queixo San Simón da Costa

 

Prego de condicións (442 Kb)

Ficha técnica 2010 (114 Kb)

Ficha técnica 2011 (216 Kb)

  Ficha técnica 2012 (215 Kb)

Ficha técnica 2013 (216 Kb)

Ficha técnica 2014 (188 Kb)

Ficha técnica 2015 (197 Kb)

Presidente: Daniel Pérez Pérez

Praza da Constitución, 13-1º. Apartado 2.
27800 Vilalba
LUGO

Tel.: 982 512 250
Fax: 982 512 850
E-mail:
Web: www.sansimondacosta.com

English version


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS