Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Alimentación >> Produtos de calidade >> Viños >> Barbanza e Iria
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Indicación xeográfica protexida Barbanza e Iria

A área de produción que se pode acoller á indicación xeográfica protexida está constituída polos terreos aptos para a produción de uva dos concellos de Boiro, Catoira, Dodro, A Pobra do Caramiñal, Pontecesures, Rianxo, Ribeira e Valga, así como certas parroquias dos concellos de Lousame, Padrón e Porto do Son.

Os viños elaboraranse exclusivamente con uvas das seguintes variedades:

  • Brancas:  Albariño, Caíño branco, Godello, Loureira (Loureiro branco ou Marqués), Treixadura, Albarín branco (Branco lexítimo), Chenín branco (Agudelo) e Torrontés.
  • Tintas:  Brancellao, Caíño tinto, Espadeiro, Loureiro tinto, Mencía e Sousón.

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS