Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Alimentación >> Produtos de calidade >> Viños >> Monterrei
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

C.R.D.O. "Monterrei"

Orixe
Os viñedos da D.O. Monterrei esténdense polos concellos de Castrelo do Val, Monterrei, Oímbra e Verín, na parte oriental da provincia de Ourense, extremo sueste de Galicia, na fronteira con Portugal, ocupando as ladeiras dos montes e vales regados polo río Támega e os seus afluentes, abranguendo unha extensión de 650 ha. O castelo de Monterrei preside e dá nome á bisbarra de produción, que ocupa unha superficie de 3.000 ha.

O clima nesta zona é máis seco ca no resto de Galicia, resultando moi benigno para o cultivo da viña e predominando a influencia continental sobre a atlántica, o que facilita obter colleitas sas con mínimos tratamentos. A medida que ascendemos en altura ata superar os 800 metros s.n.m., o cultivo faise máis difícil, aínda que estas condicións se compensan cunha grande calidade.

Características
A conxunción de peculiares solos e clima, xunto coa tradición vitivinícola herdada de xeración en xeración permiten extraer das vellas variedades uns caldos con personalidade inimitable, resultando uns viños brancos de cor amarela pálida ou cor de palla, con irisacións douradas, potentes en nariz con aromas frescos e a froita madura. Na boca, frescos, afroitados e cunha certa punta de acedume que equilibra e compensa o grao alcólico (12-12,5º) e un final lixeiramente amargo.

En canto aos viños tintos é de subliñar que posúen unha intensa cor morada, con tons violáceos ou cereixa, sobresaíndo o seu potente aroma con notas de froitas do bosque e froitos vermellos (framboesa e amorodo). En boca apréciase acedume e alcol (12,5º), harmoniosos e ben conxuntados, frescos e sabor de froita vermella madura.

Variedades de uva e tipos de viño

  • Brancas recomendadas: Dona Branca, Verdello (Godello) e Treixadura (Verdello Louro)
  • Brancas autorizadas: Palomino
  • Tintas recomendadas: Mencía e María Ardoña ou Bastardo
  • Tintas autorizadas: Tempranillo (Araúxa).


Regulamentación

  • Denominación de orixe recoñecida por Orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 3 de decembro de 1992 (DOG 22.12.92), modificada pola Orde do 2 de xuño de 1993 (DOG 21.06.93).
  • Regulamento aprobado por Orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 25 de novembro de 1994 (DOG 4.01.95), ratificado pola Orde do MAPA do 19 de xaneiro de 1996 (BOE 3.02.96), modificado pola orde do 15 de xullo de 2004 (DOG 27.07.04)
Monterrei

Prego de condicións (295 kb)

 

Ficha técnica 2010 (83 kb)

Ficha técnica 2011 (218 Kb)

  Ficha técnica 2012 (217 Kb)

  Ficha técnica 2013 (217 Kb)

  Ficha técnica 2014 (189 Kb)

  Ficha técnica 2015 (196 Kb)

Ficha técnica 2016 (215 Kb)

Presidenta: Asunción Rodríguez Zarraquiños

Av. Luis Espada, 73
32600 Verín
OURENSE

Tel.: 988 590 007
Fax: 988 410 634

English version


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS