Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Alimentación >> Produtos de calidade >> Viños >> Rías Baixas
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

C.R.D.O. "Rías Baixas"

Orixe
A área xeográfica da D.O. Rías Baixas comprende territorios onde tradicionalmente, e dende tempo inmemorial, se producen viños de calidade na provincia de Pontevedra e no límite desta coa provincia da Coruña. Dita área distribúese en cinco subzonas perfectamente individualizadas: Val do Salnés, Condado do Tea, O Rosal, Soutomaior e Ribeira do Ulla. Os viños que se elaboran son maioritariamente brancos, a base da variedade Albariño.

Polo seu clima, próxima ao límite do cultivo da vide, a Denominación de Orixe Rías Baixas está plenamente integrada na gran rexión Atlántica dando lugar, polo tanto, a viños que a literatura especializada clasifica como atlánticos.

Características
Os viños monovarietais de albariño teñen unha cor amarelo-palliza, brillante, con irisacións douradas e verdes. No nariz posúen recendos florais e froiteiros finos e distinguidos, que impresionan agradablemente, de intensidade media e duración medio-longa. Na boca son frescos e suaves, con suficiente corpo e grao alcohólico, acidez equilibrada, harmoniosos e con amplos matices. O seu retrogosto é pracenteiro, elegante e completo.

Os viños Rosal e Condado están persoalizados por levar na súa composición as castes loureira e treixadura, respectivamente. Son viños de intensos arrecendos con lixeira acedume, e na boca, plenos, agradables e atractivos.

Formularios

Contrato de compravenda de uva para a súa transformación en viño - Campañas 2013-2015. (37 Kb)

Variedades de uva e tipos de viño
Variedades

  • Brancas recomendadas: Albariño, Loureira branca ou Marqués, Treixadura e Caíño branco.
  • Brancas autorizadas: Torrontés e Godello
  • Tintas recomendadas: Caíño tinto, Espadeiro, Loureira tinta e Sousón
  • Tintas autorizadas: Mencía e Brancellao

Tipos de viño

  • Rías Baixas albariño: viño monovarietal elaborado co 100% de uvas da variedade albariño.
  • Rías Baixas Condado do Tea: elaborado con uvas das variedades albariño e treixadura nun 70% como mínimo, sendo o resto das demais variedades empregadas todas elas producidas na subzona do Condado do Tea.
  • Rías Baixas Rosal: elaborado a partir de uvas das variedades albariño e loureira nun 70% como mínimo, sendo o resto das demais variedades empregadas todas elas producidas na subzona do Rosal.
  • Rías Baixas Salnés: elaborado a partir de uvas albariño nun 70% como mínimo, sendo o resto das demais variedades empregadas todas elas producidas na subzona Val do Salnés.
  • Rias Baixas Ribeira do Ulla: elaborado a partir de uvas albariño nun 70% como mínimo, sendo o resto das demais variedades empregadas todas elas producidas na subzona Ribeira do Ulla.
  • Rías Baixas: elaborado a partir das variedades brancas recoñecidas, producidas en calquera das subzonas pertencentes á D.O., sendo cando menos cun 70% de uvas das variedades preferentes.
  • Rías Baixas barrica: procedente dos viños definidos anteriormente, que no seu proceso de elaboración permanece en envases de madeira de carballo por un período mínimo de tres meses.
  • Rías Baixas (tinto): elaborado a partir das variedades tintas recoñecidas, producidas en calquera das subzonas pertencentes á D.O. e nas proporcións que se estime axeitadas.

Regulamentación

  • Denominación de Orixe Rías Baixas recoñecida por Orde da Consellería de Agricultura, do 17 de marzo de 1988 (DOG 15.04.88).
  • Regulamento aprobado por Orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 23 de outubro de 1996 (DOG 29.10.96), ratificado por Orde do MAPA de 11 de setembro de 1997 (BOE 25.09.97) e modificado por: Orde do 9 de xullo de 1997 (DOG 28.07.97), Orde do 4 de agosto de 1999 (DOG 10.08.99), e Orde do 24 de maio de 2000 (DOG 25.05.00)
Rías Baixas

Prego de condicións (325 Kb)

 

Ficha técnica 2010 (106 kb)

Ficha técnica 2011 (244 Kb)

  Ficha técnica 2012 (256 Kb)

Ficha técnica 2013 (256 kb)

Ficha técnica 2014 (216 kb)

Ficha técnica 2015 (223 kb)

Presidente: Juan Gil de Araujo

Pazo de Mugartegui, s/n
36002
Pontevedra

Tel.: 986 854 850
Fax: 986 864 546
E-mail:
Web: www.doriasbaixas.com

English version


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS