Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Alimentación >> Produtos de calidade >> Viños >> Ribeira Sacra
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

C.R.D.O. "Ribeira Sacra"

Orixe
A zona de produción da D.O. Ribeira Sacra abrangue comarcas de gran tradición vitivinícola, que inclúen parroquias e lugares de 19 concellos nas escarpadas e soleadas ladeiras repartidas ao longo das Ribeiras dos ríos Miño, Sil e os seus afluentes, no sur da provincia de Lugo e norte de Ourense. Os viñedos medran sobre socalcos ó abeiro dos ríos e baixo a tutela de fragas e ancestrais ermidas e mosteiros románicos que gardan a historia e o saber desta terra.

A área xeográfica desta denominación de orixe divídese en cinco subzonas diferenciadas, Amandi, Chantada, Quiroga-Bibei, Ribeiras do Miño e Ribeiras do Sil, onde tradicionalmente, dende hai máis de 2000 anos, elabóranse excelentes viños dunha gran personalidade.

Características
A D.O. Ribeira Sacra está orientada fundamentalmente á produción de viños tintos, elaborándose tamén brancos moi interesantes. É a Mencía, señorial variedade tinta, a máis cultivada na Ribeira Sacra, dando lugar a viños de gran calidade, que salientan polos seus recendos limpos, elegantes e intensos, a súa cor cereixa intensa, brillante e cun reberete púrpura.

Entre os viños brancos, cunha produción menor, destacan os que se obteñen das variedades Godello, Albariño e Treixadura, de gran frescura e ao mesmo tempo con gran plenitude en boca. Afroitados e cun fino toque de acidez, destacando polo seu lixeiro retrogusto e delicada presenza no padal. A graduación alcohólica mínima destes monovarietais é de 11º.

Variedades de uva e tipos de viño
Variedades:

  • Brancas recomendadas: Godello, Albariño, Loureira, Treixadura, Dona Branca e Torrontés
  • Brancas autorizadas: Palomino
  • Tintas recomendadas: Mencía, Brancellao e Merenzao
  • Tintas autorizadas: Mouratón ou Negreda e Garnacha Tintorera

Tipos de viños:
Os viños máis característicos da D.O. Ribeira Sacra son os tintos elaborados sobre a base da variedade mencía, aínda que tamén se elaboran monovarietais brancos das variedades godello e albariño, e viños plurivarietais das distintas variedades preferentes e autorizadas.

Regulamentación

  • Denominación de Orixe recoñecida por Orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 30 de maio de 1995 (DOG 7.07.95).
  • Regulamento aprobado por Orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 3 de setembro de 1996 (DOG 11.09.96), ratificado por Orde do MAPA do 11 de setembro de 1997 (BOE 25.09.97) e modificado por Orde de 29 de agosto de 2002 (DOG 11.09.02)
Ribeira Sacra

Prego de condicións (356 Kb)

Fichas técnicas

Presidente: José Manuel Rodríguez González

Comercio 6/8
27400 Monforte de Lemos
Lugo

Tel.: 982 410 968
Fax: 982 411 265
E-mail:
Web: www.ribeirasacra.org

English version


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS