Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Alimentación >> Produtos de calidade >> Viños >> Ribeiras do Morrazo
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Indicación xeográfica protexida Ribeiras do Morrazo

A área de produción que se pode acoller á indicación xeográfica protexida está constituída polos terreos aptos para a produción de uva, por debaixo dos 300 m de altitude, dos concellos de Bueu, Cangas, Marín, Moaña, Poio, Pontevedra, Redondela e Vilaboa.

Os viños elaboraranse exclusivamente con uvas das seguintes variedades:

  • Brancas: Albariño, Caíño branco, Godello, Loureira, Treixadura, Branco lexítimo e Torrontés.
  • Tintas: Brancellao, Caíño tinto, Pedral, Espadeiro, Loureiro tinto, Mencía e Sousón.

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS