Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Alimentación >> Produtos de calidade >> Viños >> Ribeiro
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

C.R.D.O. "Ribeiro"

Orixe
Situada na Galicia meridional, no borde nor-occidental da provincia de Ourense, a D.O. Ribeiro aséntanse sobre unha superficie de 2.685 ha. de viñedo, situadas na confluencia dos vales dos ríos Miño, Avia, Arnoia e Barbantiño na provincia de Ourense.

Os viños desta comarca gozan dunha gran tradición, pois xa tiñan sona internacional no século XVI, cando na súa capital, Ribadavia, se estableceron normas para garantir a calidade e autenticidade dos ribeiros. Para o Ribeiro a vitivinicultura constitúe un punto de referencia ineludible no seu quefacer histórico, cun legado xenético orixinal e copioso que transmite a súa principal característica: a diversidade.

Os bordes montañosos illan esta comarca da influencia marítima atlántica, o que determina a súa menor pluviosidade respecto de outras próximas. O clima é temperado e húmido, con temperaturas medias de 14,5 graos centígrados. As terras son maioritariamente de orixe granítica e, en xeral, acedas.

Características
Os viños desta denominación responden a unha serie de combinacións de exquisitos aromas afroitados e florais que case sempre resultan sorprendentes ao elaborarse con variedades autóctonas tradicionais (Treixadura, Torrontés, Loureira, Caíño, Brancellao, Sousón) posuíndo unha acusada personalidade que os fai incomparables.

Os viños brancos do Ribeiro son lixeiros, frescos, secos, afroitados, de cor de palla pálida, elevada acedume fixa e unha graduación alcólica entre 9,5º e 13 º. Estes viños deben consumirse preferentemente no primeiro ou segundo ano, ao non ser sometidos a procesos de avellentado.

Os viños tintos do Ribeiro, son de cor vermella morada e compensados de acedume, sendo a graduación comprendida entre 9,5º e 12º. O seu consumo, igual cos brancos, deberá ser no primeiro ano.

Variedades de uva e tipos de viño
Variedades

  • Brancas recomendadas: Treixadura, Torrontés, Albariño, Loureira, Godello.
  • Brancas autorizadas: Macabeo, Albilla e Palomino.
  • Tintas recomendadas: Brancellao, Caíño, Ferrón, Sousón, Mencía.
  • Tintas autorizadas: Garnacha e Tempranillo.

Tipos de viños Amparados

  • Viños brancos
  • Viños tintos
  • Viño tostado

Os viños monovarietais presentan unha excelente estrutura, cunha cor non moi acentuada. Ao igual que os brancos, os tintos tradicionais do Ribeiro son plurivarietais, sendo o conxunto brancellao-caíño-sousón o máis característico, aportando o brancellao estrutura, o caíño aromas e o sousón cor.

O viño tostado do Ribeiro, é un viño obtido a partir da selección das mellores uvas autóctonas da D.O., sometidas a un proceso de secado e pasificación baixo cuberta.

Os tostados brancos elabóranse exclusivamente con uvas das variedades treixadura, torrontés, albariño, loureira e godello e os tostados tintos das variedades caíño, ferrón, sousón, brancellao e mencía.

Regulamentación

  • Regulamento da D.O. Ribeiro aprobado por Orde do MAPA do 2 de febreiro de 1976 (BOE 24.02.76), modificada pola Orde do 17 de abril de 2004 da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento rural (DOG 28.04.04), e ratificada mediante Orde APA/2526/2004 do 13 de xullo de 2004 (BOE 28.07.04)
Ribeiro

Prego de condicións (335 Kb)

 

Ficha técnica 2010 (103 Kb)

Ficha técnica 2011 (205 Kb)

  Ficha técnica 2012 (203 Kb)

Ficha técnica 2013 (204 Kb)

Ficha técnica 2014 (188 Kb)

Ficha técnica 2015 (428 Kb)

 

Presidente: José Felicísimo Pereira Freijido

Salgado Moscoso, 11
32400 Ribadavia
Ourense

Tel.: 988 477 200
Fax: 988 477 201
E-mail:
Web: www.ribeiro.es

English version


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS