Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Alimentación >> Produtos de calidade >> Viños >> Val do Miño-Ourense
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Indicación xeográfica protexida Val do Miño-Ourense

A área de produción que se pode acoller á indicación xeográfica protexida está constituída polos terreos aptos para a produción de uva de certas parroquias dos concellos de Amoeiro, Barbadás, Cartelle, Coles, Gomesende, Nogueira de Ramuín, Ourense, Padrenda, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, Pontedeva, Quintela de Leirado, San Cibrao das Viñas e Toén.

Os viños elaboraranse exclusivamente con uvas das seguintes variedades:

  • Brancas: Treixadura, Torrontés, Godello, Albariño, Loureira e Palomino.
  • Tintas: Mencía, Brancellao, Mouratón, Sousón, Caíño bravo, Caíño longo, Caíño tinto e Garnacha tintureira.

Deberán ser elaborados cun mínimo do 60% da uva das variedades consideradas como principais.

 


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS