Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Desenvolvemento rural >> PDR 2007-2013
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia (PDR) 2007-2013

O Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia para a etapa 2007-2013 constitúe a resposta ás disposicións do Regulamento (CE) Nº 1698/2005 de 20 de septiembre de 2005 relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).

O Regulamento referido consolida o novo escenario xa configurado a partir da Axenda 2000 presentada o 16 de xullo de 1999, no que a política de desenvolvemento rural deixa de ser un instrumento exclusivo da Política de Cohesión para pasar a acompañar e completar as políticas de axuda ao mercado e aos ingresos aplicadas no marco da política agrícola común (PAC). Deste modo a PAC pasa a apoiarse sobre dous pilares: O primeiro, relativo á política de prezos e mercados e o segundo, relativo á política de desenvolvemento rural.

O obxectivo final do FEADER céntrase polo tanto na promoción dun desenvolvemento rural sostible en toda a Comunidade, como complemento das políticas de apoio ao mercado  e aos ingresos aplicadas no marco da política agrícola común, a política de cohesión e a política pesqueira común. Do mesmo modo, debe contribuir ao resto de prioridades políticas recollidas nas conclusicóns dos Consellos Europeos de Lisboa e Gotemburgo relativas á competitividade e o desenvolvemento sostible.

O novo período de programación é polo tanto unha oportunidade única para orientar a axuda do novo FEADER cara o crecemento, a creación de emprego e o desenvolvemento sostible, focalizando os recursos nas medidas que fagan de Europa un lugar máis atractivo para investir e traballar, fomentando o coñecemento e a innovación como motores do crecemento.

PDR

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS